Le Jeu d'Adam ( Xogo de Adán) é unha representación dramática de historias bíblicas feita en Francia no século XII, e que constitúe o primeiro drama relixioso francésLarousse e forma parte da tradición medieval dos misterios que se desenvolveían durante a celebración da misa, e incluía música coral. A narración conta a tentación e caída de Adán e Eva, a morte de Abel por Caín, e o anuncio dos profetas da chegada de Cristo. A linguada representación é o vernacular, aínda que os textos corais e as indicacións para a posta en escena estaban en latín representándose no exterior da igrexa, cunha función didáctico-relixiosa, evocando a corrupción humana opoñendoa á esperanza da redención, como unha preparación á penitencia do período coresmal.Encyclopaedia Universalis

Notas

Categoría:Obras de teatro en francés