White Rose Movement foi unha banda inglesa de post-punk/electro, procedente da cidade de Londres. O grupo colleu o seu nome do movemento de resistencia antinazi Rosa Branca (Weiße Rose en alemán e White Rose en inglés). A banda mestura o estilo e actitude post-punk das primeiras bandas do xénero como Joy Division, The Sound, Killing Joke e The Chameleons, cunha imaxe máis New Romantic que lembra a grupos como Duran Duran, Depeche Mode e A Flock of Seagulls, ademais de ter influencias máis modernas do electroclash e do post-punk revival.
Discografía Kick - 2006 (Independiente)
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2004 Categoría:Grupos musicais separados en 2010