Hobbit, unha determinada raza ficticia de seres antropomorfos creada polo escritor británico J. R. R. Tolkien, autor do Señor dos Aneis, para os seus libros. Tamén podémonos referir:

O hobbit, a obra orixinal da Terra Media escrita por Tolkien nos anos 1930 e 1931, e protagonizada polo hobbit Bilbo Bulseiro.

Da obra anterior derivaron os traballos a seguir: The Hobbit (1968), serial radiofónico emitido pola BBC Radio 4; The Hobbit (1977), adaptación televisiva de debuxos animados de Rankin/Bass Productions; The Hobbit (1982), videoxogo desenvolvido por Beam Software; The Hobbit (1985), curtametraxe feita na URSS; The Hobbit (2003), videoxogo desenvolvido por Vivendi Universal; e The Hobbit, proxecto cinematográfico producido e dirixido por Peter Jackson, precuela d'O Señor dos Aneis, dividido en tres partes: The Hobbit: An Unexpected Journey (2012), The Hobbit: The Desolation of Smaug (2013), The Hobbit: The Battle of the Five Armies (2014),

Ademais, deuse ao termo hobbit outros usos diferentes: Alcumose hobbit ao Homo floresiensis, un homínido fósil descuberto na illa de Flores; Se lle puxo o nome de Hobbit a un ordenador ruso de 8-bits, baseado no ZX Spectrum.