A Commonwealth_de_Nacións (Commonwealth of Nations en inglés) ou simplemente Commonwealth, antes chamada British Commonwealth of Nations é unha asociación internacional de 56 estados membros, a gran maioría dos cales son antigos territorios do seu predecesor, o Imperio Británico. Están conectados a través do uso do idioma inglés e os seus lazos culturais e históricos. As súas principais institucións son a Secretaría da Commonwealths, que se centra nas relacións intergobernamentais, e a Fundación da Commonwealth, que se centra nas relacións non gobernamentais entre os países membros. Ademais, numerosas organizacións intergobernamentais e civís que operan entre os países da Commonwealth están recoñecidas oficialmente pola Secretaría.

A Commonwealth remóntase á primeira metade do século XX, coa descolonización do Imperio mediante o aumento do autogoberno dos seus territorios Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terra Nova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios. Coa primeira guerra mundial e a aceleración da descomposición do imperio, os Dominios foron accedendo á súa independencia. O Imperio comezou a transformarse na British Commonwealth of Nations tras as conferencias imperiais de Londres de 1922 e 1926. Foi definida xuridicamente no Estatuto de Westminster (1931), que incluía a Gran Bretaña, os Dominios e os protectorados. O rei de Inglaterra seguía sendo o xefe de estado e o gobernador xeral representábao en cada país membro.

O nome orixinal era British Commonwealth (Comunidade Británica) até 1946. Ao ano seguinte, os Comúns accederon a que todos os antigos territorios do Imperio formasen parte da Commonwelth. Así entraron a India, Sri Lanka e Paquistán. Porén, Irlanda e Myanmar abandonárona unha vez lograda a súa independencia. En 1949, a Declaración de Londres permitiu que a India permanecese na Commonwealth como república, o que marcou unha evolución significativa para a asociación.

Segundo as colonias ian accedendo á independencia, pasaban a formar parte da Commonwelth. Chipre, independizado en 1960, entrou no ano seguinte. Suráfrica foi expulsada en 1961 pola súa política de apartheid (ingresou de novo en 1994). Rodesia (hoxe Zimbabwe) foi excluída ao proclamar unilateralmente a súa independencia. Paquistán abandonouna en 1972 coa secesión de Bangladesh (aínda que ingresou de novo en 1989). As illas Fiji entraron en 1987.

A rei Carlos III é actualmente o xefe titular da asociación. É rei de 15 estados membros, coñecidos como os Reinos da Commonwealth, mentres que outros 36 membros son repúblicas e cinco teñen monarcas diferentes. Aínda que asumiu o cargo tras a morte da súa nai, Isabel II, tecnicamente o posto non é hereditario. Esta fórmula foi inventada en 1950 cando a India se converteu en república e, aínda que non recoñecendo a Xurxo VI como xefe de estado, recoñecíao como o símbolo da asociación libre de nacións.

Os cidadáns da Commonwealth gozan de vantaxes nalgúns países membros, especialmente no Reino Unido, e os países da Commonwealth están representados entre si por altas comisións en lugar de embaixadas. Os Estados membros non teñen obrigacións legais entre si, aínda que existen diversos acordos económicos, xudiciais e militares entre os países. A carta da Commonwealth define os seus valores compartidos de democracia, dereitos humanos e estado de dereito. tal e como promove os Xogos da Commonwealth, que se celebra cada catro anos.

A maioría dos países da Commonwealth son pequenos estados, e os pequenos estados insulares en desenvolvemento constitúen case a metade dos seus membros.

A Commonwealth ten historicamente por obxectivo promover a integración entre as ex-colonias do Reino Unido, concedendo beneficios e facilidades comerciais, mais agora os seus obxectivos inclúen a asistencia educativa aos seus países membros e a harmonización das súas políticas.

A maioría dos membros da Commonwealth son antigas colonias do Reino Unido, coa excepción notábel de Mozambique, antiga colonia portuguesa que accedeu a asociación en 1995, co apoio dos seus veciños, que eran antigas colonias británicas. (Zimbabwe saíu da Commonwealth en 2004.)

Outros países, como Australia, continúan recoñecendo o monarca do Reino Unido como xefe de estado, representado por un gobernador e usan a palabra Commonwealth como título do seu estado.

Os 50 estados membros constitúen unha asociación que carece de goberno central, de institucións xurídicas e de organización administrativa. Ás súas Conferencias Xerais asisten os primeiros ministros e, desde 1965, conta cunha Secretaría Xeral asociada ao Foreign Office. Dentro da Commonwealth funciona un sistema de intercambio comercial denominado sistema de "preferencias", polo que as mercadorías procedentes dos estados membros gozan de privilexios de importación. Coa entrada do Reino Unido na CEE e na Unión Europea, estas preferencias deberon ser reformuladas. A convención de Lomé (1975) ratifica esta situación especial. Historia Orixes conceptuais

miniatura|upright|Borrador do tratado anglo-irlandés de 1921, con "Imperio Británico" tachado e "Mancomunidade Británica de Nacións" engadido a man. miniatura|upright|Os primeiros ministros de cinco membros na Conferencia de Primeiros Ministros da Commonwealth de 1944: (De esquerda a dereita) Mackenzie King (Canadá), Jan Smuts (Suráfrica), Winston Churchill (Reino Unido), Peter Fraser (Nova Zelandia) e John Curtin (Australia).

A raíña Isabel II, no seu discurso ao Canadá o Día do Dominio en 1959, sinalou que a Confederación do Canadá o 1 de xullo de 1867 fora o nacemento do "primeiro país independente dentro do Imperio Británico". Ela declarou: "Así que, tamén marca o comezo desa libre asociación de estados independentes que agora se coñece como a Commonwealth de Nacións". Xa o 18 de xaneiro de 1884, Lord Rosebery, durante unha visita a Adelaida, en Australia Meridional, describiu o cambiante Imperio Británico, a medida que algunhas das súas colonias íanse independizando, como unha "Mancomunidade de Nacións". As conferencias dos primeiros ministros británicos e coloniais celebráronse periodicamente desde a primeira en 1887, o que conduciu á creación das Conferencias Imperiais (en) en 1911.

A Commonwealth desenvolveuse a partir das conferencias imperiais. Jan Smuts presentou unha proposta específica en 1917, cando acuñou o termo "Mancomunidade Británica de Nacións" e albiscou as "futuras relacións constitucionais e reaxustes en esencia". na Conferencia de Paz de París de 1919, á que asistiron delegados dos dominios e do Reino Unido.F.S. Crafford, Jan Smuts: A Biography (2005) p. 142< O termo recibiu por primeira vez recoñecemento legal imperial no tratado anglo-irlandés de 1921, cando o termo Mancomunidade Británica de Nacións substituíu ao de Imperio Británico na redacción do xuramento que prestaban os membros do Parlamento do Estado Libre de Irlanda. Adopción e formalización Na Declaración Balfour da Conferencia Imperial de 1926, o Reino Unido e os seus dominios acordaron que eran «comunidades autónomas dentro do Imperio Británico, iguais en status, sen subordinación algunha entre si en ningún aspecto dos seus asuntos internos ou externos, aínda que unidas por unha lealdade común á Coroa e libremente asociadas como membros da Mancomunidade Británica de Nacións». O termo 'Mancomunidade' adoptouse oficialmente para describir a comunidade.

Estes aspectos da relación formalizáronse mediante o Estatuto de Westminster en 1931, que se aplicou a Canadá sen necesidade de ratificación, pero Australia, Nova Zelandia e Terra Nova tiveron que ratificar o estatuto para que entrase en vigor. Terra Nova nunca o fixo debido ás dificultades económicas e á necesidade de axuda financeira de Londres, polo que Terra Nova aceptou voluntariamente a suspensión do autogoberno en 1934 e o goberno volveu estar baixo o control directo de Londres. Máis tarde, Terra Nova uniuse a Canadá como a súa décima provincia en 1949.Australia e Nova Zelandia ratificaron o estatuto en 1942 e en 1947 respectivamente.

Aínda que a Unión de Suráfrica non estaba entre os Dominios que necesitaban adoptar o Estatuto de Westminster para que entrase en vigor, o Parlamento de Suráfrica aprobou dúas leis: a Lei do Estatuto da Unión de 1934 e a Lei de Funcións e Selos Executivos Reais de 1934 para confirmar o status de Suráfrica como estado soberano e incorporar o Estatuto de Westminster á lei de Suráfrica. Segunda guerra mundial miniatura|upright|Cartel da segunda guerra mundial no que aparecen soldados de Gran Bretaña, Canadá, Australia, Nova Zelandia, a Colonia de Rodesia do Sur, Suráfrica e a India imperial. Os países da Commonwealth e o Imperio estiveron implicados en todos os principais escenarios da segunda guerra mundial. O Plan de Adestramento Aéreo da Commonwealth Británica estableceuse para pilotos de todo o Imperio e os Dominios, creado polos gobernos do Reino Unido, Canadá, Australia e Nova Zelandia. As tropas de Australia, Gran Bretaña, o Raj Británico e Nova Zelandia formaron a Forza de Ocupación da Commonwealth Británica no Xapón da posguerra. Descolonización e autogoberno Tras o fin da segunda guerra mundial, o Imperio Británico desmantelouse gradualmente. A maioría dos seus compoñentes convertéronse en países independentes, xa sexan reinos da Commonwealth ou repúblicas, e membros da Commonwealth. Quedan os 14 territorios británicos de ultramar principalmente autónomos que manteñen certa asociación política co Reino Unido. En abril de 1949, tras a Declaración de Londres, eliminouse a palabra "británico" do nome da Commonwealth para reflectir a súa natureza cambiante.

Birmania (Myanmar desde 1989) e Adén (agora parte do Iemen) son os únicos estados que eran colonias británicas no momento da guerra e que non se uniron á Commonwealth tras a súa independencia. Os antigos protectorados británicos e mandatos que non se converteron en membros da Commonwealth son Exipto (independente en 1922), Iraq (1932), Transxordania (1946), mandato británico de Palestina (parte do cal se converteu no Estado de Israel en 1948), Sudán (1956), Somalia británica (que se uniu á antiga Somalia italiana en 1960 para formar a República de Somalia), Kuwait (1961), Bahrain (1971), Omán (1971), Qatar (1971) e os Emiratos Árabes Unidos (1971).Chris Cook and John Paxton, Commonwealth Political Facts (Macmillan, 1978).