Hebe pode referirse a:
Na mitoloxía grega, Hebe é a deusa da xuventude. Foi a primeira filla que Zeus tivo coa súa esposa Hera, e irmá de Ares e Ilitía. En astronomía, 6 Hebe é o sexto dos asteroides do cinto de asteroides. En botánica, Hebe é un xénero de plantas procedente de Nova Zelandia, incluído na familia das escrofulariáceas. Hebe foi unha revista editada en Pontevedra entre 1920 e 1921. Hebe é o nome de loita que tomou Hebe de Bonafini. Hebe Camargo é unha presentadora de televisión brasileira.