Para outro dignificado véxase Incubación O período de incubación é o tempo comprendido entre a exposición dun individuo a un organismo, a unha substancia química ou a unha radiación patoxénico a a aparición dos primeiros signos e síntomas da enfermidade. Este período pode ser tan curto como algúns minutos, ou tan longo como trinta anos, como no caso da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

Aínda que latencia ou período de latencia poden ser sinónimos, ás veces faise unha diferenza entre estes termos e o de período de incubación —o período entre o contaxio e o inicio clínico da enfermidade— e período latente —o tempo desde a infección até que se volve contaxiosa— o cal adoita ser máis curto.

Unha persoa pode ser portadora dunha enfermidade infecciosa, tales como as producidas por Streptococcus na gorxa, sen exhibir ningún síntoma. Dependendo da enfermidade, unha persoa pode ser ou non ser capaz de transmitir a doenza a outras durante o período de incubación.

Exemplos de períodos de incubación Os períodos de incubación varían moito e usualmente exprésanse en termos de rango. Cando é posíbel, é mellor expresar a media e o décimo e nonaxésimo percentil, aínda que esta información non está sempre dispoñíbel. Os valores mencionados están acomodados en orde ascendente por números de días, aínda que nalgúns casos a media debe inferirse.

Para moitas condicións, os períodos de incubación son máis longos nos adultos que nos nenos.

Enfermidade Período de incubación Referencia Celulite causada por Pasteurella multocida menos de 1 día Cólera 1-3 días Gripe 1-4 días Escarlatina 1-4 días Arrefriado común 2-5 días Ébola 2-21 días Febre das Montañas Rochosas 2-14 días SRAS até 10 días Roséola 5-15 días Poliomielite 7-14 días Tose ferina 7-14 días Xarampón 9-12 días Varíola 7-17 días Tétano xeneralizado 7-21 días Varicela 14-16 días Eritema infeccioso 13-18 días Parotidite 14-18 días Rubéola 14-21 días Mononucleose infecciosa 28-42 días Kuru media entre 10,3 e 13,2 anos

Véxase tamén Corentena

Categoría:Termos médicos

he:המודל הפסיכוסקסואלי#שלב החביון