O transbordador espacial Endeavour, designación OV-105 (OV de Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o quinto e último transbordador da frota, construído para substituír o Challenger, destruído en 1986, e fixo 25 misións nos seus 20 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 21 de setembro de 2012, ó regreso da misión STS-133.

Historia Endeavour foi nomeado polo primeiro buque comandado por James Cook. Puido ser construído grazas a que, durante a construción dos transbordadores Discovery e Atlantis, a NASA encargou pezas de substitución para facilitar a reparación en caso de dano, entre elas partes da fuselaxe anterior, posterior e media e o temón. Eventualmente estas pezas, xunto con outras novas, serían usadas para ensamblar o Endeavour como substitución do Challenger. O Endeavour foi deseñado para mellorar as súas capacidades con respecto dos transbordadores previos, sendo máis lixeiro, usando por primeira vez un paracaídas durante a aterraxe para frear antes, levando equipamento para estender as súas misións no espazo, con aviónica nova a bordo e outras melloras.

Características Tripulación máxima: 8 Lonxitude: 37,24 m Envergadura: 23,79 m Carga útil: 24.990 kg Impulso: 53,37 kN Masa cheo: 116.277 kg Masa baleiro: 103.865 kg Impulso específico: 316 s Tempo máxima en órbita: 30 días Volume habitable: 71,5 m3 miniatura|O transbordador Endeavour engalando.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Columbia Transbordador espacial Challenger Transbordador espacial Discovery Transbordador espacial Atlantis Transbordador espacial Enterprise

Categoría:Programa STS