Eduardo Gómez Manzano, nado en Madrid o 27 de xullo de 1951 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 2019, foi un actor español, coñecido especialmente polos seus papeis de Mariano Delgado en Aquí no hay quien viva e Máximo Angulo en La que se avecina.

Traxectoria A súa carreira como actor comezou cando tivo que acompañar un amigo á gravación da serie ¡Ay, Señor, Señor!, na segunda metade da década de 1990. Fixo entón unha pequena intervención, que supuxo o inicio da súa traxectoria. Antes traballara en diversos empregos, como vendedor de enciclopedias a domicilio, camareiro nun bar, dependente de grandes almacéns, albanel etc.

Ao longo da súa carreira, actuou en máis de trinta películas, numerosos episodios en series de televisión e algunhas obras de teatro. En España, foi coñecido polo público a través do seu papel na serie española Aquí no hay quien viva, emitida por Antena 3 entre 2003 e 2006, na que actuou desde a primeira tempada da serie, como Mariano Delgado, o pai de Emilio (Fernando Tejero), porteiro do edificio. Ese papel reportoulle, á parte da popularidade, o premio da asociación de actores españois (Unión de Actores).

En 2005, aparece na película Torrente 3: El protector. Desde 2007 formou parte da repartición da serie española emitida por Telecinco La que se avecina, onde interpreta a Máximo Angulo, primeiro como porteiro do edificio Mirador de Montepinar, e logo camareiro do bar Max & Henry. En 2009 participa na primeira spoof movie española (Spanish Movie), facendo unha parodia de Diego Alatriste.

Filmografía

Cine

No lo llames amor, llámalo X, de Oriol Capel (2011). Entrelobos, de Gerardo Olivares (2010). Spanish Movie, de Javier Ruiz Caldera (2009). Crimen ferpecto, de Álex de la Iglesia (2005). Torrente 3, el protector, Santiago Segura (2005). Ninette, de José Luis Garci (2005). Kibris: La ley del equilibrio, Germán Monzó (2005). Tiovivo c. 1950, de José Luis Garci (2004). Isi/Disi. Amor a lo bestia, de Chema de la Peña (2004). La gran aventura de Mortadelo y Filemón, de Javier Fesser (2003). El oro de Moscú, de Jesús Bonilla (2003). 800 balas, de Álex de la Iglesia (2002). Expediente WC, de Arturo Ruiz (2002). La comunidad, de Álex de la Iglesia (2000). La lengua de las mariposas, de José Luis Cuerda (1999). Muertos de risa, de Álex de la Iglesia (1999). El milagro de P. Tinto, de Javier Fesser (1998).

Televisión Personaxes fixos Tú sí que vales (2012-) como membro do xurado popular La que se avecina (2007-) como Máximo Angulo Aquí no hay quien viva (2003-2006) como Mariano Delgado

Personaxes episódicos Los Serrano (2003) ¡Ala... Dina! (2000) Periodistas (1999) Ellas son así (1999) ¡Ay, Señor, Señor! (1994)

Ademaiss participou nalgunhas das series españolas máis coñecidas como: Farmacia de guardia Médico de familia La casa de los líos El Súper Manos a la obra Tío Willy Una de dos Abierto 24 horas La ley y la vida

Teatro Maravilla, diez y pico

Premios Premios da Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado 2004 Mellor actor secundario de televisión Aquí no hay quien viva Gañador 2002 Mellor actor de repartimento de cine 800 balas Nomeado

Festival de Cine de Alacant Ano Categoría Resultado 2010 Premio "Ciudad de Alicante" Gañador

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2019