miniatura|dereita|O Sena atravesando París visto desde a Ponte do Arcebispado, coa Catedral de Nôtre Dame á dereita e a Torre Eiffel ao fondo. miniatura|dereita|Costa dos dous Amantes, Normandía. miniatura|dereita|Estuario do Sena en Normandía, beira dereita.
O Sena (en francés Seine, pronunciado [sɛn]) é un río francés que pasa por Troyes, París e Ruán. O Sena ten unha lonxitude de 780 km. O seu nacemento sitúase a 447 metros de altitude, en Source Seine sobre a meseta de Langres, en Côte-d'Or. O seu curso ten unha orientación xeral de sueste a noroeste. Desemboca no canal da Mancha, preto de Le Havre. A superficie da bacía é de aproximadamente 75.000 km².
A débil inclinación do val do Sena, en Illa de Francia e en Normandía, causou a formación de gran cantidade de meandros profundos; pola mesma razón, os efectos da marea fanse sentir sobre un cento de quilómetros ata Poses e manifestábanse ata un pasado recente no fenómeno do "macareu".
O Sena é unha vía navegábel moi importante, de París ao Canal da Mancha. Atópanse nel dous dos máis importantes portos fluviais de Francia: París (porto de Gennevilliers) e Ruán, que é igualmente un importante porto marítimo, o que permite o transbordamento (Primeiro Porto cerealeiro de Europa). É navegábel de París ata Nogent-sur-Seine. Outros portos fluviais notábeis son Limay-Porcheville e Montereau.
Numerosas industrias están situadas ao longo do val do Sena: automoción (Poissi, Flins, Cléon, Sandouville), petroquímica (Port-Jerôme, Gonfreville-l'Orcher, Notre-Dame-de-Gravenchon, Petit-Couronne), centrais térmicas (Porcheville, Saint-Ouen), central nuclear (Nogent-sur-Seine).
O lago artificial de Forêt d'Orient, en Troyes, foi creado nos anos 1960 para regular o caudal do río.
As fontes do Sena son propiedade da cidade de París dende 1864. Unha cova artificial foi construída un ano despois, para controlar a fonte principal, e tamén unha estatua dunha ninfa, que simboliza o río. Porén, a capital desinteresouse despois, e a parcela debeu volver á rexión de Borgoña, desexosa de revalorizar o sitio.
miniatura|dereita|300px|Imaxe de satélite do río Sena nos arredores de París. Principais afluentes Os principais afluentes do Sena son, desde a súa fonte: Aube (D) - 248 km Yonna (E) - 293 km Loing (E) - 166 km Essonne (E) - 90 km Marne (D) - 525 km Oise (D) - 302 km Epte (D) - 100 km Andela (D) - 54 km Eure (E) - 225 km Risle (E) - 140 km. No esteiro do Sena
NB: D=Dereita E=Esquerda
Departamentos atravesados Indo da fonte ata a súa desembocadura.
Na rexión de Borgoña: Côte-d'Or Na rexion de Champaña Ardenas: Aube Marne Na rexión da Illa de Francia: Sena e Marne Essonne Val do Marne París Altos do Sena Sena-San Denis Val do Oise Yvelines Na rexión da Alta Normandía: Eure Sena Marítimo Na rexión da Baixa Normandía: Calvados (a carón no final)
Principais cidades atrevesadas Troyes Nogent-sur-Seine Melun Évry Athis-Mons Villeneuve-le-Roi Villeneuve-Saint-Georges Choisy-le-Roi Alfortville Maisons-Alfort Ivry-sur-Seine Charenton-le-Pont París Boulogne-Billancourt Issy-les-Moulineaux Sèvres Saint-Cloud Suresnes Puteaux Neuilly-sur-Seine Courbevoie Levallois-Perret Clichy Nanterre Rueil-Malmaison Saint-Ouen L'ile-Saint-Denis (unha illa no río) Saint-Denis Argenteuil Saint-Germain-en-Laye Maisons-Laffitte Poissy Médan Mantes-la-Ville Mantes-la-Jolie Les Andelys Sotteville-lès-Rouen Ruán Le Havre Honfleur
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Guía de cruceiros no Sena
Categoría:Río Sena Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia