miniatura|Feto humano. (Debuxo de Leonardo da Vinci, ca. 1510 - 1512). O feto é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, no período que transcorre desde o momento en que se completou a etapa embrionaria até antes de que se produza o nacemento.

Durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes.

Etimoloxía A palabra feto vén do latín fetus, "parto", "alumbramento", "camada". Ás veces, en moitos idiomas, vese escrita como foetus ou fœtus, formas secundarias do latín científico debidas a unha hipercorrección, restituíndo un ditongo non etimolóxico (fetus está relacionado con fecundus, "fecundo", por tanto, a súa raíz é con -e).

Na especie humana

Na especie humana, como noutras de vertebrados, o feto xa pasou a etapa embrionaria, de formación de novos órganos, aparellos e sistemas, e pasa a fortalecelos, progresando no seu crecemento e desenvolvemento como ser humano.

Considérase que a etapa fetal comeza ao final da 8ª semana de 8 do embarazo.Curso de embrioloxía en liña para o uso de estudantes de Medicina . Universidades de Friburgo, Lausana e Berna. Suíza. A organoxénese está case completada. Os xenitais externos, porén, aínda non están diferenciados, o que non permite determinar o sexo do nascituris mediante ecografía.

As células nai comezan o proceso de creación da masa encefálica, o corazón e os pulmóns. Tamén se van formando as cavidades auditivas e, finalmente, formar as extremidades e os músculos e restantes órganos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Embrioxénese humana Aborto

Ligazóns externas Páxina referida ao desenvolvemento embrionario e fetal en Medlineplus. Consultada o 21/12/2012. Efeito do consumo de bebidas alcoólicas sobre o feto en VivaMais. Consultada o 21/12/2012. Prenatal Image Gallery en EHD. Consultada o 21/12/2012.

<center>Estadios do desenvolvemento humano

|- style="text-align: center;" | width="30%" |Predecesor:Embrión | width="40%" |Feto | width="30%" |Sucesor:Infancia

Categoría:Reprodución Categoría:Embrioloxía Categoría:Termos médicos Categoría:Termos zoolóxicos