Kosmos 1026 (Космос 1026 en ruso), tamén denominado Energia 2 ou Energiya 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 2 de xullo de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 1026 foi o segundo membro (de dous, sendo o outro o Interkosmos 6) da serie de satélites Energiya, adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre e dos raios cósmicos e os meteoroides no espazo próximo á Terra.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 261 km de apoxeo e 209 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 89,0 minutos. Reentrou na atmosfera de maneira controlada o 6 de xullo de 1978.

O deseño do satélite estaba baseado no das cápsulas Vostok e regresou á Terra tras catro días de misión, devolvendo sans e salvos algúns instrumentos e rexistros para o seu estudo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Interkosmos 6

Categoría:Satélites Interkosmos