Manuel García Maceira, nado en Tui o 21 de decembro de 1816 e finado no mesmo concello en outubro de 1891, foi un político galego.

Traxectoria Foi Colexial de Fonseca en Compostela. Doutorouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou as cátedras de lingua hebrea nas Universidades de Salamanca e Madrid.

Retornou a Tui para facerse cargo das industrias familiares, principalmente a sociedade Andrés Maceira Hermanos, que abranguía cambio e bolsa, fábricas de serrar madeira, de curtidos, de lencería, transporte de vapores polo río, obras públicas etc.

Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863. Nas eleccións xerais de 1858 enfrontouse a José Fernández de la Hoz, que fora ministro de Graza e Xustiza, e foi derrotado, se ben as eleccións foron anuladas polas múltiples irregularidades realizadas por ambos os candidatos. Finou en Tui en outubro de 1891.La Monarquía, 10-10-1891, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A casa dos Maceira Xenealoxía García Maceira, Manuel

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes