John Hartwell Harrison, nado o 16 de febreiro de 1909 en Clarksville (Virxinia) e finado o 20 de xaneiro de 1984 en Boston (Massachusetts), foi un médico estadounidense especializado en uroloxía.
Traxectoria É principalmente coñecido por ser un dos membros clave do equipo médico pioneiro en facer un transplante de órganos en humanos. Tivo lugar en Boston no ano 1954 e foi un transplante de ril dun irmán xemelgo noutro, mais o paciente morreu once días despois porque o seu corpo finalmente rexeitou o órgano.
Véxase tamén Outros artigos Joseph Murray
Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Urólogos