A escola neoplatónica de Alexandría ou simplemente academia alexandrina foi unha escola filosófica que se desenvolveu na cidade de Alexandría no Exipto helenístico e romano entre os séculos III e VII d. C.

Esta escola caracterízase pola súa tendencia á erudición, e ao sincretismo entre ideas filosóficas (tomadas do neoplatonismo e da filosofía de Aristóteles) e relixiosas (procedentes do gnosticismo e do cristianismo). A súa actividade concluíu coa conquista musulmá de Exipto no ano 640.

Membros Os nomes máis coñecidos desta escola son Hipatia, Sinesio de Cirene e Olimpiodoro o Mozo.

Outros membros son Hierocles de Alexandría, Hermeia de Alexandría, Amonio de Hermia, Xoán Filopón, Asclepio o Mozo, Alexandre de Licópolis, Estevo de Alexandría, Asclepiodoto de Alexandría, Nemesio e Xoán Lidos.Ferrater Mora (1984), s.v. Alejandría, Escuela de.

Corrente Esta escola filosófica non debe confundirse con:

A escola filolóxica de Alexandría, á que pertenceron por exemplo Aristarco de Samotracia, quinto bibliotecario do Museo de Alexandría (217 - 143 a. C.). O platonismo medio ou platonismo ecléctico defendido por Eudoro de Alexandría (ano 40 d. C.). A escola catequística de Alexandría, escola de exexese cristiá á que pertenceron, entre outros, Clemente de Alexandría e Oríxenes e, alternamente, Filón de Alexandría. A escola neoplatónica de Atenas, fundada por Plutarco de Atenas contra o ano 400, e que alcanzou o seu apoxeo con Proclo e chegou ao seu fin con Damascio e Simplicio no ano 529.

Porén, a escola de Alexandría mantivo un contacto estreito coa escola neoplatónica de Atenas, polo que algúns historiadores consideran que ambas as dúas escolas forman un mesmo movemento. Así o recolle Ferrater Mora.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ferrater Mora, José (1979): Diccionario de Filosofía. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5299-7

Outros artigos Neoplatonismo Período helenístico

Categoría:Alexandría Categoría:Escolas filosóficas Categoría:Período helenístico Categoría:Filosofía da Grecia Antiga