Ambleside é unha vila en Cumbria, en Gran Bretaña. Historicamente dentro do condado de Westmorland, está situada na cabeceira de Windermere, o lago máis grande de Inglaterra, e dentro do Parque Nacional Lake District.
Patrimonio
O museo e biblioteca Armitt é unha fonte da historia local cunha colección que contén moitos dos artistas locais e escritores antigos.
Ó sur de Ambleside atópase o forte romano de Galava, datado no ano 79 aDc.
Ó oeste, Loughrigg Fell sobe por riba da vila; ó norte está Red Screes e os montes Fairfield; ó leste está Wansfell.
O álbum CSI:Ambleside, de Birkenhead banda baseada Half Man Half Biscuit, é nomeado após a vila. miniatura|centro|500px|Panorama de Ambleside e Waterhead no lago District, Cumbria, Gran Bretaña, vista desde Loughrigg, ó leste da vila. Ambleside está no centro-esquerda, e Waterhead é a pequena vila á dereita.
Historia O nome da vila provén do noruegués antigo Á-mel-sǽtr = "río — sandbank — pastos do verán".
En 1650 a vila recibiu unha carta para establecer un mercado, e no reinado de Xacobe II recibiu unha nova carta para establecer unha peaxe, converténdose o mercado vilego no centro comercial para a la e os produtos agrícolas da bisbarra.
Notas
Categoría:Vilas e cidades de Cumbria