miniatura|Folio 292 do Libro de Kells, co comezo do Evanxeo de Xoán. miniatura|Réplica da Hilton of Cadboll Stone miniatura|Shoulder-clasps (fíbula de hombreiro) de ouro, granate e cristal millefiori miniatura|Broche penanular irlandés de bronce, século VI. miniatura|Cruz e torre redonda de Devenish, mosteiro fundado no século VI. As construcións actuais son de cronoloxía máis tardía (a torre, posiblemente do século XII, a cruz, posiblemente do XV). A arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficasHugh Kearney, As Illas Británicas, Akal, 2003, ISBN 8483230399, pg. 19: Os historiadores da arte puxeron en circulación o termo "hiberno-saxón" (agora amplamente remprazado por "insular") co propósito de crear un escenario máis amplo que o das categorías nacionais tradicionais para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".

Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".Honour & Fleming, 244–247; Pächt, 65–66; Walies & Zoll, 27–30

Formas e soportes Os trazos formais do estilo orixináronse a partir da ourivaría destinada á elite secular, que a comezos do século VII combinouse coa arte celta e a arte anglosaxoa. Identifícanse especialmente coa decoración de entrelazado,Bain, George (1973). Celtic Art: The Methods of Construction. Dover Publications, Inc. ISBN 0-486-22923-8. Fuente citada en :en:interlace (visual arts). como a atopada en Sutton Hoo (que presupón unha tradición local ben establecida da que só sobreviviron pequenas pezas), e que se aplica noutros ámbitos, como a iluminación de manuscritos, que responden a outro mundo cultural: o do Mediterráneo. Antes do século VII, é rara a presenza de códices, aínda que non así de xoiaría, sobre todo en Irlanda.Youngs 20–22. Wilson, 16–27. As primeiras pedras pictas datan do século V.Laing, 55–56.

A arquitectura anglosaxoa da época utilizaba, polo xeral, materiais efémeros que non permitiron a súa conservación. Mesmo os mosteiros e igrexas levantados en pedra están na súa maior parte destruídos ou moi alterados, sendo só posible a súa reconstrución arqueolóxica.

Na arquitectura irlandesaArchiseek, Irish Architecture Online. Fuente citada en :en:Architecture of Ireland do período, destacan as chamadas round towers ou torres irlandesas (das que hai tamén exemplos en Escocia e na illa de Man).

Os mosteiros, autosuficientes, dotábanse de scriptorium e de talleres metalúrxicos para satisfacer as súas necesidades litúrxicas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Alexander, Jonathan J.G.; Medieval Illuminators and their Methods of Work, Yale UP, 1992, ISBN 0-300-05689-3 Bloxham, Jim & Rose, Krisine; St. Cuthbert Gospel of St. John, Formerly Known as the Stonyhurst Gospel Brown, Michelle P. Mercian Manuscripts? The "Tiberius" Group and its Historical Context, in Michelle P. Brown, Carol Ann Farr: Mercia: an Anglo-Saxon kingdom in Europe, Continuum International Publishing Group, 2005, ISBN 0-8264-7765-8, ISBN 978-0-8264-7765-1 Calkins, Robert G. Illuminated Books of the Middle Ages. Ithaca, Nova York: Cornell University Press, 1983. Dodwell, C.R. (1982); Anglo-Saxon Art, a new perspective, 1982, Manchester UP, ISBN 0-7190-0926-X Dodwell, C.R. (1993); The Pictorial arts of the West, 800–1200, 1993, Yale UP, ISBN 0-300-06493-4 Gombrich, E.H., The Story of Art, Phaidon, 13th edn. 1982. ISBN 0-7148-1841-0 Grove Art Online, "Insular Art", consultado abril 18, 2010, see also Ryan, Michael. Henderson, George. Early Medieval Art, 1972, rev. 1977, Penguin. Hicks, Carola. Insular – The Age of Migrating Ideas: Early Medieval Art in Northern Britain and Ireland Hugh Honour and John Fleming, A World History of Art,1st edn. 1982 & later editions, Macmillan, Londres, page refs to 1984 Macmillan 1st edn. paperback. ISBN 0-333-37185-2 Laing, Lloyd Robert. The archaeology of late Celtic Britain and Ireland, c. 400–1200 AD, Taylor & Francis, 1975, ISBN 0-416-82360-2, ISBN 978-0-416-82360-8 Lasko, Peter, Ars Sacra, 800–1200, Penguin History of Art (now Yale), 1972 (nb, 1st edn.) ISBN 14056036X Nordenfalk, Carl. Celtic and Anglo-Saxon Painting: Book illumination in the British Isles 600–800. Nova York: George Braziller, 1976. Pächt, Otto. Book Illumination in the Middle Ages (traducido ó francés e alemán), 1986, Harvey Miller Publishers, Londres, ISBN 0-19-921060-8 Rigby, Stephen Henry. A companion to Britain in the later Middle Ages, Wiley-Blackwell, 2003, ISBN 0-631-21785-1, ISBN 978-0-631-21785-5. Google books Ryan, Michael, e outros en Grove Art Online, Insular art (Ryan is also a major contributor to Youngs below) Schapiro, Meyer, Selected Papers, volume 3, Late Antique, Early Christian and Mediaeval Art, 1980, Chatto & Windus, Londres, ISBN 0-7011-2514-4 Wailes, Bernard e Zoll, Amy L., in Philip L. Kohl, Clare P. Fawcett, Nationalism, politics, and the practice of archaeology, Cambridge University Press, 1995, ISBN 0-521-55839-5, ISBN 978-0-521-55839-6 Susan Youngs (ed), "The Work of Angels", Masterpieces of Celtic Metalwork, 6th–9th centuries AD, 1989, British Museum Press, Londres, ISBN 0-7141-0554-6 Wilson, David M.; Anglo-Saxon Art: From The Seventh Century To The Norman Conquest, Thames and Hudson (US edn. Overlook Press), 1984.

Ligazóns externas Irish Brooches of the Early Medieval Celtic Period exhibition Illustrated article by Peter Hubert on the origins of interlace sculpture, Pindar Press, 2003 Julian M. Luxford, The Art And Architecture of English Benedictine Monasteries, 1300-1540: A Patronage History, vol. 25 de Studies in the History of Medieval Religion, Boydell Press, 2005 ISBN 1843831538 Richard Gem, Studies in English pre-Romanesque and Romanesque architecture Artehistoria ( ) Círculo románico: Románico e Prerrománico en Irlanda Románico e Prerrománico en Gran Bretaña: Escocia e Gales Románico e Prerrománico en Inglaterra: De Acton a Ely Arteguías: Arte Irlandés Altomedieval

Categoría:Arte celta