Gloss Drop é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Battles, publicado o 5 de xuño do 2011 a través do selo Warp Records. Trátase do seu primeiro lanzamento dende a partida de Tyondai Braxton. A meirande parte do traballo é instrumental, pero varios convidados proporcionaron as voces para un feixe de temas, entre eles o músico electrónico Gary Numan e a membro de Blonde Redhead Kazu Makino.

"Ice Cream" foi o primeiro sinxelo editado do álbum, aparecendo o 23 de maio de 2011 tanto en formato dixital como en vinilo de 12 polgadas. O vinilo limitouse a unha edición de 3 000 copias, lanzadas en tres distintos "sabores", "amorodo" (vinilo de cor rosa), "vainilla" (crema), e "chocolate" (marrón). O colectivo de directores barcelonés CANADA produciu un vídeo para o sinxelo. Este inclúe a cara B "Black Sundome" e unha versión instrumental de "Ice Cream". O segundo sinxelo lanzado foi "My Machines", con Gary Numan, que apareceu en formato dixital e en vinilo cunha versión instrumental da canción e unha versión descartada do álbum, "A.M. Gestalt".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Battles Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums de Warp Records