Gumersindo Rodríguez Casales, nado na Picoña (Salceda de Caselas) en abril de 1886 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936,Carta aberta a Gumersindo Rodríguez Casales, o meu bisavó foi un chofer e político galego.
Traxectoria Foi secretario da Federación Agraria de Ponteareas. Marchou a Buenos Aires en novembro de 1919.El Tea, 23-11-1919, p. 3. Cando retornou, mercou en 1925 unha camioneta para dedicarse ao transporte de mercancías e viaxeiros.El Uma, 4-6-1925, p. 4. Mercou unha nova camioneta con Serafín Fernández Vaqueiro en febreiro de 1930.El Tea, 13-2-1930, p. 2. Foi secretario da sociedade de agricultores e canteiros Solidaridad de San Xurxo de Salceda e militou na CNT. En xuño de 1934 foi elixido vicesecretario da agrupación de Izquierda Republicana de Salceda de Caselas.Tribuna, 1-7-1934, p. 4.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido nos primeiros días de agosto con Venancio Pérez Lemos por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Represión franquista en Galicia
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Salceda de Caselas
Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1936