Teeteto ou Theaetetus é un cráter de impacto lunar localizado ao sueste do cráter Cassini, cerca do límite oriental do Mare Imbrium.

Sitúase ao oeste dos Montes Caucasus, que forman a ribeira do mare. Ao suroeste encóntrase o prominente cráter Aristillus. O epónimo recorda a Teeteto, matemático da Antiga Grecia e interlocutor de Sócrates nos diálogos de Platón Teeteto e Sofista.

O bordo de Theaetetus'' ten unha característica forma poligonal arredonda nos vértices. Hai un terraplén baixo cun pequeno ascenso no leito do cráter, ao nordeste do punto medio. O interior non ten ningunha característica salientábel.

Observáronse no pasado algúns fenómenos lunares transitorios no cráter. En 1902 observouse a formación dunha pequena e breve nube branca nas inmediacións do cráter. Outros observadores, entre os que están Patrick Moore e W. H. Pickering sinalaron a aparición doutros fenómenos no cráter.

Notas

Categoría:Cráteres da Lúa