Jean Frédéric Bazille, nado o 6 de decembro de 1841 e finado o 28 de novembro de 1870, foi un pintor impresionista francés.
Traxectoria Bazille naceu en Montpellier, Hérault, (Languedoc-Roussillon), no seo dunha familia protestante de clase alta. Na súa xuventude comezou a interesarse pola pintura despois de coñecer algúns dos traballos de Eugène Delacroix.
O seu interese pola arte fixo que quixese estudar pintura, o cal foille permitido pola súa familia coa condición de que estudase medicina. Bazille comezou os seus estudos de medicina en 1859, mudándose a París en 1862 para que poidese continua-los seus estudos. En París comezou a asistir a clases de pintura no obradoiro de Charles Gleyre e coñeceu a Pierre-Auguste Renoir, pintor impresionista, quen, xunto a Claude Monet, Alfred Sisley e Édouard Manet introducírono no mundo da pintura.
A súa grande amizade con Renoir e Monet fixo que Bazille os axudase en moitas ocasións, permitíndolles pintar nos seus obradoiros, empregar os seus materiais e chegando a pagar polas súas obras (En 1867 pagou 2.500 francos por Mulleres nun xardín de MonetEnciclopedia Larousse, Tomo XVIII, ISBN 84-01-61738-3). Despois de suspender o seu exame de medicina, decidiu abandonar a carreira en 1864, pasando a pintar a tempo completo.
As súas pinturas máis coñecidas son La Robe rose (O vestido rosa) (1864), pintado cando o autor contaba só con 23 anos, e Réunion de famille (Reunión de familia) (1867).Rosenblum, 1989, p. 225
Frédéric Bazille morreu en 1870 aos 28 anos de idade, asasinado nunha operación militar en Beaune-la-Rolande, Loiret durante a guerra franco-prusiana.
Traballos principais Autorretrato|miniatura La Robe rose (O vestido rosa), (1864) - 147 x 110 cm, Museo de Orsay, París Atelier de la rue Furstenberg (Estudo da rúa Furstenberg), - 80 x 65 cm, Museo Fabre, Montpellier Aigues-Mortes, - 46 x 55 cm, Museo Fabre, Montpellier Autoportrait (Autoretrato), (1865) - 109x72 cm, The Art Institute, Chicago Réunion de Famille (Reunión de familia), (1867) - 152 x 230 cm, Museo de Orsay, París Le Pécheur à l'épervier, (1868) - 134 x 83 cm, Fondation Rau pour le tiers-monde, Zürich Vue de village (Vista da vila), (1868) - 130 x 89 cm, Museo Fabre, Montpellier Scène d'été, 1869 - 158 x 158 cm, Cambridge, Harvard University La Toilette, (1870) - 132 x 127 cm., Museo Fabre, Montpellier L'Atelier de la rue Condamine (Estudo da rúa Condamine), (1870) - 98 x 128.5 cm, Museo de Orsay, París Paysage au bord du Lez, (1870) - 137.8 x 202.5 cm, The Minneapolis Institute of Arts, Minneapolis
Galería de traballos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Rosenblum, Robert (1989). Paintings in the Musée d'Orsay. Nova York: Stewart, Tabori & Chang. ISBN 1-55670-099-7
Outros artigos Impresionismo
Ligazóns externas Bazille Gallery en MuseumSyndicate
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Pintores impresionistas Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1870 Categoría:Pintores retratistas Categoría:Mortos en combate