Antonio Barrull Salazar (A Coruña, 1950), coñecido como Zíngaro, é un cantante e compositor español de sangue xitano, cuxo estilo está na corrente de fusión entre flamenco, jazz e rock iniciada a finais dos anos 1970. Seguiu a liña renovadora e visionaria que impulsou Manzanita, cunha voz chea de personalidade, meigallo e un carisma especial. A súa música, a súa forma de interpretar, sorprende e gusta tanto ao curioso coma ao cliente habitual da canción flamenca con toques modernos. É irmán doutro grande artista: Luis Barrull Salazar, máis coñecido como El Luís.
Vida
Con moi poucos anos foise a Arxentina, alí viviu case 14 anos. Comeza os seus exercicios de composición ao tempo que se estrea no rasgueo da guitarra e teñen lugar os seus primeiros gorgoritos serios. Así van xurdindo as primeiras letras, as primeiras cancións. Os amigos anímanlle a deixar Arxentina e regresar a España a probar a súa sorte tras ver o éxito que tivo o seu irmán nesa época. Nada máis chegar, Zíngaro' pode comprobar, o firme éxito conseguido polo seu irmán nos primeiros discos que grava.
Obra Estilo
Seguiu a liña renovadora e visionaria que impulsou Manzanita, cunha voz chea de personalidade, meigallo e un carisma especial. A súa música, a súa forma de interpretar, sorprende e gusta tanto ao curioso coma ao cliente habitual da canción flamenca con toques modernos. A súa música non é doada. Poderiamos describila como un reto. O seu afán de innovación, de buscar unha linguaxe propia e renovadora, lévao a formularse a súa música como redescubrimento da morea de maneiras en que o flamenco pode verse fecundado polos ritmos modernos e polas últimas técnicas de gravación do momento. É imprescindible mencionar o papel do produtor José Luis de Carlos, mentor desta nova linguaxe entre o pop e flamenco, serio, rigoroso, contemporáneo, apaixonado e visionario que belisca o jazz, o negroide e o popular, sen puritanismos nin chabacanerías.
Destacan na súa carreira os dous primeiros elepés titulados Voz De Luna (1979) e ''Sones de Llanto y Fuego (1980). Da forma e ordena esbozos, concreta as súas visións, poemas e cancións, afina a súa instrumentación ata lograr un son novo e á vez popular, que se manteña dentro das coordenadas flamencas pero que tamén rompa arquetipos. Os catro seguintes foron Ama tu libertad (1989), Gitano Poeta (1990), Esa señora (1991) e finalmente ' 'Cuidado camarada (2003). Tamén escribiu cancións para outros artistas como Tony do xitano. Actualmente non se sabe nada sobre el nin no ámbito musical nin no privado. Só que acode á Igrexa Evanxelista.
Inicios Voz de Luna
LLega o seu primeiro LP, " Voz De Luna ", en 1979. Del extráese un primeiro singre. "Llorarás de pena", que é fenomenalmente acollido nos ambientes xitanos e flamencos, pero que supera estes circuítos para chegar a un público masivo amante do dramatismo da mellor canción popular española. Manzanita axudou coas guitarras e o disco tivo unhas vendas sorprendentes. Seguiu triunfando cun segundo singre, "Chié, Chié,". O seu valor artístico e comercial, a súa comunicación co público, era indubidable. A enerxía vendedora de Zíngaro superaba ata o silencio dos medios xornalísticos.
Sones de Llanto y Fuego
Preparouse a gravación deste álbum co desexo do cantante e do seu produtor de ir máis alá na súa innovación flamenca. Os músicos elixidos non podían estar máis na onda: Manzanita (guitarra española), Luis "Manglis" Cobo (guitarra acústica e eléctrica), Dave Thomas (Baixo) e Tito Duarte (Batería e percusións). As cancións do álbum son escritas pola súa maioría polo propio Zíngaro, outras son de Jesús Conde, de R. Jiménez Barrull, engadir que hai un tema de Sandro (Rosa) e outro de Manzanita (Romance Árabe). O singre elixido foi "No te voy a perdonar", nel destacan os arranxos de corda e unha alternancia de tons dramáticos e populares, cun interesante cambio de atmosferas.
Últimos anos Ama tu libertad
Despois deste álbum sacou "Ama tu libertad" que intento repoñer a reputación que tenia ata a data e con outros 3 discos máis de moi poucas vendas titulados Gitano Poeta, Esa Señora e Cuidado Camarada.
Discografía
Voz de Luna (1979) Sones de llanto y fuego (1980) Ama tu libertad (1989) Poeta Gitano (1990) Esa Señora (1991) Cuidado camarada (1992)
Singles
Lloraras de Pena (Voz de Luna) (1979) Chie, Chie (voz de Luna) (1979) No te voy a perdonar (Sones de Llanto y fuego) (1980)
Compilacións Llorarás (2000)
Véxase tamén Ligazóns externas LastFM
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1950