A Feira do viño de Chantada é unha feira vinícola que se celebra en Chantada, a data de celebración variaba entre os meses de febreiro e abril, pero nos últimos anos estabilizouse na segunda fin de semana de marzo "A Feira do Viño de Chantada será coma sempre a segunda fin de semana de marzo", nova na televisión local Televinte, 16 de Xaneiro de 2013. É a primeira que abre este tipo de eventos e unha das que atrae mas público de todas as que celebran na denominación de orixe Ribeira Sacra.

Nas carpas laterais tamén se pode degustar o viño, con racións de polbo, churrasco e carne ao caldeiro.

Orixe A primeira edición celebrouse no ano 1983, respondendo ó pulo que colleu o sector vitivinícola na zona sur do sur da provincia de Lugo. Inaugúrase o 12 de marzo e acoden como autoridades ó evento Carlos Otero Díaz, naqueles tempos conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia e como primeiro pregoeiro Antón Fraguas Fraguas, catedrático e director do Museo do Pobo Galego.

Pregoeiros 1983 - Antón Fraguas (catedrático e director do Museo do Pobo Galego) 1984 - Paz Lamela Vilariño (directora xeral de Política Lingüística) 1985 - Antonio Díaz Fuentes (presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo e deputado no Congreso) 1986 - Jorge Víctor Sueiro (escritor e xornalista especializado na crítica gastronómica) 1987 - José Luis Dadin Rivadas (director xeral de Consumo da Consellería de Industria, Traballo e Turismo) 1990 - Xosé Luís Blanco Campaña (director da Radio Galega) 1991 - Xulio Xiz (xornalista, guionista, escritor e produtor galego) 1992 - José Manuel Silva (xefe da división de viños e licores da Comisión Europea) 1993 - Luís Celeiro (xornalista e xefe do Gabinete do Conselleiro) 1995 - Xavier Costa Clavell (escritor e xornalista) 1996 - Victoria Rodríguez (presentadora da TVG) 1997 - Juan Carlos Fernández Pulpeiro (xornalista e escritor) 1998 - Luís Rial (xornalista) 2000 - José Manuel Silva (director xeral de Agricultura da UE) 2001 - Xosé Cuíña (conselleiro de Política Territorial) 2002 - Manuela López Besteiro (conselleira de Familia) 2003 - Isabel García Tejerina (secretaria xeral de Agricultura, Alimentación e Desenvolvemento Rural) 2004 - Amancio López Seijas (empresa hostaleira Hotusa) 2005 - Xosé Manuel Barreiro (conselleiro de Medio Ambiente) 2006 - Julio Fernández Rodríguez (expresidente da produtora cinematográfica Filmax) 2007 - Francisco González (presidente do BBVA) 2008 - Xaquín López García (Xornalista de TVE) 2009 - Xosé Ramón Gómez Besteiro (presidente da Deputación de Lugo) 2010 - Álvaro Castello-Branco (vicealcalde do Porto, Portugal) 2011 - Francisco Rodíguez Iglesias (presidente de Hércules de Ediciones) 2012 - Xosé Neira Vilas (escritor galego) 2013 - Miguel Anxo Fernán-Vello (escritor e editor galego) 2014 - Xulio López Valcárcel (escritor galego) "O pregoeiro da Feira do Viño destacou a súa vinculación ás terras chantadinas e á cultura do viño", nova na televisión local Televinte, 10 de Marzo de 2014 2015 - Luís González Tosar (escritor galego)"Luis González Tosar leu un pregón centrado no viño, o papel da muller e a lingua", nova na televisión local Televinte, 9 de Marzo de 2015 2016 - Ramón Villares (doutor en Historia)"Pregón da Feira do Viño 2016", nova na televisión local Televinte, 15 de Marzo de 2016 2017 - Bieito Rubido (xornalista)"Bieito Rubido pronuncia o pregón da Feira do Viño de Chantada", nova no xornal El Progreso, 12 de Marzo de 2017 2018 - María Cruz Díaz Álvarez (enxeñeira agrónoma) 2019 - José Manuel Silva (3ª vez) 2020 - Ricardo González Fernández 2022 - Anxo Angueira (escritor) 2023 - Antonio López Díaz (reitor da USC) 2024 - Fina Casalderrey (escritora) 2025 - Jose Luís Blanco Diéguez (empresario)

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Chantada Turgalicia

Notas

Chantada Categoría:Chantada Categoría:Feiras