miniatura|Modelo histórico no Museo Botánico de Greifswald Os aros,Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 Arum, son un xénero de arredor de 25 especies de plantas con flor da familia Araceae, nativas de Europa, África do norte, o oeste de Asia, coa máis alta diversidade de especies na rexión do Mediterráneo. En Galiza aparece brava a especie Arum italicum chamada herba das anadas.

Son perennes, rizomatosas e herbáceas que medran entre 20 e 60 cm de altura, con follas saxitadas de entre 10 e 55 cm de longo. As flores atópanse nun espádice, envolto nunha espata de 10–40 cm de longo que pode ser branca, amarela, castaña ou púrpura. O fruito é unha baga, laranxa brillante ou vermella intensa.

As partes todas da planta son velenosas,Nelson, L. et al (2007) Handbook of Poisonous and Injurious Plants. New York Botanical Garden. contendo cantidades significativas de ácido oxálico ou ráfides.

Especies Arum albispathum Arum alpinariae Arum alpinum Arum apulum Arum balansanum Arum besserianum Arum byzantinum Arum concinnatum Arum cornutum Arum creticum Arum cylindraceum Arum cyrenaicum Arum dioscoridis Arum dracunculus Arum elongatum Arum euxinum Arum gratum Arum hainesii Arum hygrophilum Arum idaeum Arum italicum, herba das anadas, herba do xario, xarioNomes comúns galegos en Guía de plantas medicinais de Galicia. Vigo, Galaxia, 1996; e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 Arum jacquemontii Arum korolkowii Arum lucanum Arum maculatum, aro común. Arum megobrebi Arum nigrum Arum orientale Arum palaestinum Arum pictum Arum polyphyllum Arum purpureospathum Arum rupicola Arum sintenisii Arum triphyllum

Notas

Categoría:Arum