Nebojša Gudelj, nado o 23 de setembro de 1968 en Trebinje é un exfutbolista bosníaco que xogaba na demarcación de defensa e centrocampista.

Traxectoria Comezou a xogar no club da súa vila natal, o Leotar Treblinje, na Segunda División de Iugoslavia e en 1991 ficha por un dos grandes da liga do país, o Partizan de Belgrado, co que gaña o campionato da tempada 1993-94.

Ao ano seguinte ficha polo CD Logroñés da Liga Española, pero non consegue facerse cun oco no equipo e tras dúas tempadas deixa o equipo. No ano 1996 ficha polo CD Leganés, onde militaría outra tempada.

Trala experiencia na Liga Española viaxa aos Países Baixos onde militou oito tempadas no NAC Breda e se retirou no Sparta Rotterdam no ano 2005.

O seu fillo, Nemanja Gudelj, tamén é futbolista e actualmente milita no NAC Breda e é internacional coa selección de Serbia sub-21.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do xogador

Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Futbolistas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Xogadores do NAC Breda Categoría:Nados en Trebinje Categoría:Nados en 1968