María Consuelo Casal Mínguez, nada en Madrid o 26 de febreiro de 1958 e máis coñecida como María Casal, é unha actriz española, filla do tamén actor Antonio Casal.

Biografía O seu debut no mundo artístico foi como azafata do concurso de Televisión Española, Un, dos, tres... responda otra vez entre os anos 1976 e 1978.

Posteriormente, faríase cargo xunto a Amparo Larrañaga e posteriormente Adriana Ozores da presentación do programa musical Aplauso entre 1981 e 1983, tarefa na que substituíu a Silvia Tortosa.

Nos anos posteriores, interviría en películas como La guerra de los niños (1980), Las brujas mágicas (1981) ou La avispita Ruinasa (1983).

Nos últimos anos alcanzou gran popularidade en España pola súa participación en series de éxito en televisión, como Menudo es mi padre (1996) ou, sobre todo, Hospital Central, onde deu vida á enfermeira Elisa Sánchez entre os anos 2000 e 2004.

Tamén dirixiu e escribiu dúas curtametraxes.

A finais de 2010, en decembro, incorpórase á rodaxe da quinta tempada de La que se avecina dando vida ao personaxe fixo de Reyes, noiva de Araceli Madariaga (Isabel Ordaz) quen chegou a Montepinar tras varios anos de ausencia cunha identidade sexual diferente. Esa será a súa única tempada na serie.

Filmografía Como actriz Teatro El hombre del atardecer, de Santiago Moncada (1981) Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, como Doña Inés (1984) Por la calle de Alcalá 2, con Esperanza Roy (1987)

Cine Juicio de faldas (1969), de José Luis Sáenz de Heredia. El alijo (1976), de Ángel del Pozo. Colorín colorado (1976), de José Luis Sáenz de Heredia. ¡Susana quiere perder... eso! (1977), de Carlos Aured. Perro de alambre (1978), de Manuel Caño. La guerra de los niños (1980), de Javier Aguirre. Brujas mágicas (1981), de Mariano Ozores. Hundra (1983), de Matt Cimber. La avispita Ruinasa (1983), de José Luis Merino. The Man in the Brown Suit (1989), de Alan Grint. Veneno que tú me dieras (1989), de Mariano Ozores. Extraños (1999), de Imanol Uribe. Piedras (2002), de Ramón Salazar. Maldito conejo (2004), de Rafa Carmona e Luis Gimeno. Munich (2005), de Steven Spielberg. Magma (2006), de Vicente Navarro. Tod eines Keilers (2006), de Urs Egger.

Televisión Los gozos y las sombras (1982) Ninette y un señor de Murcia (1984) Primera función: El caso de la señora estupenda (1989). Vecinos (1994). ¡Ay, Señor, Señor! (1995) Médico de familia (1995). Menudo es mi padre (1996) Hospital Central (2000-2005) como Elisa Sánchez Les moreres (2007) 700 euros, diario secreto de una call girl (2008). Física o química (2008-2009) como Marisa. Gran Reserva (2010) como Mercedes Monsalve, a señora Agüero. La que se avecina (2011) como Reyes Ballesteros. 14 de abril. La República (2012)

Como presentadora e azafata Un, dos, tres... responda otra vez (1976-1978) Aplauso (1981-1983)

Como directora e guionista Campos de luz (2004) Dum dum'' (2003)

Premios Premios Shangay Ano Categoría Serie Resultado2011Mellor interpretación de televisión (ex aquo Isabel Ordaz)La que se avecinaGañadora

Notas

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1958 Categoría:Actores de Hospital Central