Explorer 26, tamén denominado EPE-D, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 21 de decembro de 1964 mediante un foguete Delta C desde Cabo Cañaveral.
Características Explorer 26 foi o cuarto e último membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer).Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.
O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 26 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. O satélite funcionou sen problemas serios (tan só algúns problemas producidos por baixos voltaxes) ata o 26 de maio de 1967 en que o telémetro fallou. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 33 r.p.m., que baixou a 2 r.p.m. o 9 de setembro de 1965. O eixo de rotación apuntaba a unha ascensión recta de 272,8 graos e unha declinación de 21,5 graos.
Instrumentos Explorer 26 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Detectores de estado sólido para electróns e protóns. Detector direccional e omnidireccional de protóns e electróns enerxéticos. Magnetómetros de porta de fluxo. Detector de centeleo de protóns-electróns. Experimento de dano a células solares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Explorer 12 Explorer 14 Explorer 15
Categoría:Energetic Particles Explorer