A dos malacostráceos (Malacostraca) é unha subclase de crustáceos que inclúe a case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) os estomatópodos (como Squilla mantis) e o krill. Así mesmo comprende tamén os grupos dos anfípodos e os isópodos (cochinillas da humidade).
Describíronse máis de 42.000 especies de malacostráceos, case as dúas terceiras partes de todas as especies de crustáceos.Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
A súa taxonomía é obxecto de controversia: existen varias escolas que disputan as categorías dos subgrupos.
Etimoloxía A palabra Malacostraca deriva do grego e significa "os de cuncha branda", de μαλακός malakós, "brando" e ὄστρακον óstrakon, "cuncha".
Segundo algúns, posibelmente foi usada por vez primeira por Aristóteles co fin de diferenciar estes animais dos moluscos de cuncha dura, como ameixas ou ostras, cos que se confundían naquela época.
Porén, o nome é engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda e suave inmediatamente despois da muda ou écdise e é xeralmente dura.Patricia Vickers Rich, Mildred Adams Fenton, Carroll Lane Fenton & Thomas Hewitt Rich (1996): "Crustaceans". En The Fossil Book: a Record of Prehistoric Life 2nd ed. Courier Dover Publications. pp. 213–221. ISBN 978-0-486-29371-4. .
O termo malacostráceos A adaptación normal ao galego de Malacrostraca debería ser, segundo as normas de adaptación de voces grecolatinas, malacóstracos, pero adoita facerse coa desinencia -áceos por influecia de crustáceos (Crustacea), esta si ben adaptada. O mesmo ocorre con entomostráceos. Porén, Cf. entomóstraca. ás veces contraponse a entomostráceos, nome aplicado a todos os crustáceos que non son malacostráceos, que antigamente se reunían no taxon obsoleto dos Entomostraca.Hugh F. Clifford (1991): "Introduction to the Malacostraca". En Aquatic Invertebrates of Alberta: an Illustrated Guide. University of Alberta. pp. 173–175. ISBN 978-0-88864-234-9.
Morfoloxía miniatura|600px|centro|Malacostráceo ideal.
O corpo dos malacostráceos está formado por 19 segmentos (excepto nas 36 especies de leptostráceos, que teñen 20), distribuídos en tres rexións ou tagmas: Céfalon ou cabeza, con 5 segmentos. Posúe dúas anténulas e dúas antenas, así como o aparello bucal. Xeralmente teñen un par de ollos compostos, moitas veces pedunculados. Tórax, con 8 segmentos. Os segmentos primeiro, segundo e terceiro poden fusionarse coa cabeza (cefalotórax), e os seus apéndices respectivos estar modificados en maxilípedos. Os segmentos restantes forman o pereion e levan cada un un par de patas marchadoras (pereiópodos). En moitos malacostráceos, o pereion está cuberto na súa totalidade, ou en parte, por unha cuberta única ou cacho. Pleon ou abdome, con 6 (ou 7, nos leptostráceos) segmentos. Os seus apéndices denomínanse pleópodos. Estómago (dividido en dúas cámaras). Sistema nervioso centralizado.
Clasificación 180px|miniatura|Lysiosquilla maculata 180px|miniatura|Armadillidium vulgare 180px|miniatura|Maja squinado
(Segundo Martin & Davis)Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea . Natural History Museum of Los Angeles County.
Dado que a taxonomía do grupo está en desenvolvemento, aconséllase que se cotexe con obras doutros autores (por exemplo, en Tree of Life, Malacostraca , e noutras páxinas web citadas en ligazóns externas).
Clase Malacostraca Latreille, 1802 Subclase Phyllocarida Packard, 1879 Orde Archaeostraca † Orde Hoplostraca † Orde Leptostraca Claus, 1880 Subclase Hoplocarida Calman, 1904 Orde Stomatopoda Latreille, 1817 Subclase Eumalacostraca Grobben, 1892 Superorde Syncarida Packard, 1885 Orde Palaeocaridacea † Orde Bathynellacea Chappuis, 1915 Orde Anaspidacea Calman, 1904 Superorde Peracarida Calman, 1904 Orde Spelaeogriphacea Gordon, 1957 Orde Thermosbaenacea Monod, 1927 Orde Lophogastrida Sars, 1870 Orde Mysida Haworth, 1825 Orde Mictacea Bowman, Garner, Hessler, Iliffe & Sanders, 1985 Orde Amphipoda Latreille, 1816 Orde Isopoda Latreille, 1817 Orde Tanaidacea Dana, 1849 Orde Cumacea Krøyer, 1846 Superorde Eucarida Calman, 1904 Orde Euphausiacea Dana, 1852 Orde Amphionidacea Williamson, 1973 Orde Decapoda Latreille, 1802
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Ligazóns externas Malacostraca en Tree of Life. Consultada o 19/12/2012. Malacostraca en Fauna Eueropaea. Consultada o 19/12/2012. Malacostraca en SIIT. Consultada o 23/05/2019. Malacostraca en World Register of Marine Species. Consultada o 19/12/2012. Malacostraca en Animal Diversity Web. Consultada o 19/12/2012. Malacostraca en NCBI. Consultada o 19/12/2012.
Categoría:Malacostráceos