Xurxo Pérez Pintos, nado en Vigo en 1948, é un biólogo galego.

Traxectoria Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no departamento de Bioloxía da Universidade Laboral de Ourense e Vigo. Como profesor de ensino secundario foi xefe do departamento de Bioloxía no IES Manuel Antonio de Vigo.

Xunto con Xosé Bouzó Fernández e Paco Martínez levan a cabo anualmente, dende hai máis de trinta anos, os Paseos pedagóxicos, dentro do programa das Xornadas do Ensino de Vigo.

Obra en galego Ensaio Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, 2009, A Nosa Terra.

Obras colectivas Bioloxía no laboratorio (Xistral, 1980; Andrés Sanjuan López). Aprendendo na naturaleza, bioloxía experimental de campo (Xerais, 1983; con Andrés Sanjuan López e Pastora Fernández Ferro) As bioinvasións na Galiza (A Nosa Terra, 2004; con Xosé Bouzó Fernández) A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego (Sotelo Blanco, 2007; con Xosé Bouzó Fernández) Serra da Groba. A formación da paisaxe (Tórculo, 2017; con Xosé Bouzó Fernández)

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela