Enrique Maya Miranda, nado en Montevideo en 1960, é un político navarro. Foi alcalde do concello de Pamplona por Unión del Pueblo Navarro, cargo que ocupou entre o 2011 e 2015.
Biografía
Naceu en Montevideo en 1960, aínda que reside en Pamplona desde os 4 anos. Arquitecto de profesión, está casado e ten dous fillos. No ano 1989 comezou a traballar como funcionario municipal cando accedeu como arquitecto da Oficina de Rehabilitación Municipal. Ocupou o cargo de director da área de Urbanismo e Vivenda, e da Xerencia de Urbanismo do Concello de Pamplona. Non está afiliado a ningún partido político, aínda que nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ao Concello de Pamplona, logo de que o Consello Político deste así o aprobase o 14 de xaneiro de 2011. Tras acadar este partido 11 dos 27 concelleiros do consistorio, logrou a alcaldía pamplonesa con 13 votos, os de UPN e PP e a abstención do PSN-PSOE, mentres que a outra candidata Uxue Barkos (NaBai) conseguiu 11 votos, os de NaBai, Bildu e Izquierda-Ezkerra.
Presentouse á reelección nas eleccións de 2015 nas que o seu partido foi a forza máis votada. Non obstante, un pacto de investidura cuadripartito entre EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca de Podemos) e Izquierda-Ezkerra (marca de IU) outorgou o bastón de mando municipal a Joseba Asirón, de EH Bildu, o 13 de xuño de 2015. Nesa votación Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialista Maite Esporrín logrou 3 apoios.
Publicacións Entre as publicacións e relatorios de Enrique Maya, destacan as referidas a Pamplona. Os seus principais traballos son: La parcela gótica. Rehabilitar el cerramiento Rehabilitación estructural de centros históricos Centro Histórico de Pamplona. Muralla y Glamour Rehabilitar el Centro Histórico desde la periferia Rehabilitación y Conservación de Centros Históricos Planificación y Gestión del Centro Histórico de Pamplona La experiencia de rehabilitación en el Casco Antiguo de Pamplona Los planes de rehabilitación de cascos urbanos El ejemplo de Pamplona o, muy recientemente La muralla verde, dentro del ciclo Pasado, presente y futuro de las fortificaciones de Pamplona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Enrique Maya
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Alcaldes de Pamplona Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Profesores da Universidade de Navarra Categoría:Políticos de UPN