300px|right|miniatura|Imaxe da anatomía do corazón As valvulopatías constitúen un grupo de doenzas que afectan ás válvulas cardiacas, independentemente da súa etioloxía ou a gravidade do cadro clínico que produzam. Calquera das catro válvulas do corazón: aórtica e mitral no lado esquerdo e a pulmonar e tricúspide no lado dereito, pódense obstruír ou chegar á regurxitación ao ventrículo ou á aurícula. As valvulopatías poden ser conxénitas no nacemento ou adquiridas ao longo da vida. Aproximadamente preto dun 2% da poboación adulta é portadora dunha valvulopatía, sendo a insuficiencia mitral a máis frecuente Burden of valvular heart diseases: a population-based study, V Nkomo, J Gardin, T Skelton, J Gottdiener, C Scott, M Enriquez-Sarano, Lancet 2006; 368: 1005–11. Esta prevalenza aumenta coa idade, até o punto de chegar até entre o 10 e o 15% nos pacientes de máis de 75 anos. O sopro cardíaco, son característico detectado na auscultación cardíaca que é ocasionado por un fluxo sanguíneo turbilionar ou turbulento, é un dos sinais máis comúns ao exame físico dun paciente portador dunha valvopatía. O tratamento depende da severidade do trastorno e inclúe tratamento médico ou cirúrxico mediante a reparación ou reemplazamento da válvula afectada.
Clasificación Clasifícanse seguindo dous criterios: A válvula afecta. A patoxenia da doenza: estenose ou insuficiencia.
Válvula afecta Doenza obstrutiva Insuficiencia valvular Válvula aórtica Estenose aórtica Insuficiencia aórtica ou regurxitación Válvula mitral Estenose mitral e prolapso mitral Insuficiencia mitral ou regurxitación Válvula tricuspídea Estenose tricuspídea Insuficiencia tricuspídea Válvula pulmonar Estenose pulmonar Insuficiencia pulmonar
Véxase tamén Notas
Categoría:Valvulopatías