Núria Marín Martínez, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 26 de decembro de 1963, é unha política española do Partit dels Socialistes de Catalunya e a alcaldesa de L'Hospitalet desde o 19 de abril de 2008. Chegou ao cargoEl Periódico, "Núria Marín, nueva alcaldesa de L'Hospitalet, pide más inversión para favorecer la integración" 18/04/2008 . Consultado o 2 de xaneiro de 2013.El Mundo, "Nuria Marín sustituye a Celestino Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 21/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. cando Celestino Corbacho Chaves foi designado ministro de Traballo e Inmigración, sendo a primeira muller que ostenta o cargo de alcaldesa na cidade.La Vanguardia, "Núria Marín sustituye a Corbacho en la alcaldía de L'Hospitalet de Llobregat" 19/04/2008. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. Presentouse como cabeza de lista do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, obtendo así ela mesma a alcaldía.

Biografía Núria MarínBiografía de Núria Marín na súa web personal nuriamarin.cat . Consultado o 2 de xaneiro de 2013.Biografía de Núria Marín na web do Concello . Consultado o 2 de xaneiro de 2013. está casada e non ten fillos. É veciña do barrio de Collblanc-la Torrassa, onde residiu toda a súa vida. Ten estudos equivalentes á diplomatura en Ciencias Empresariais e entrou a traballar como funcionaria no concello de L'Hospitalet no ano 1985, facéndose cargo da dirección do Mercado Municipal de Santa Eulàlia entre outras responsabilidades.

Carreira política

Núria Marín é membro do PSC desde o ano 1981 e, antes fora militante da Xuventude Socialista de Cataluña (JSC). Actualmente é primeira secretaria da Federación de L'Hospitalet do PSC e forma parte do Consello Nacional do PSC.

En decembro de 2011 entrou a formar parte da nova executiva do PSC a raíz do nomeamento de Pere Navarro como primeiro secretario do partido, ocupando a secretaría de Cambios Sociais, Medio Ambiente e SostibilidadeEl Periódico, "12º CONGRESO DE LOS SOCIALISTAS CATALANES" 18/12/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

Desde o ano 1995 é concelleira do concello de L'Hospitalet. De 1995 a 1999 fíxose cargo da Área de Facenda e da Concellaría de Collblanc-la Torrassa. En 1999 foi nomeada primeira tenente de alcalde e asumiu a responsabilidade da Área de Economía e Facenda. De 2007 a 2008 foi a primeira tenente de alcalde e responsable da Área de Planificación, Coordinación e Economía. No 2008 foi elixida alcaldesa de L’Hospitalet, tras a marcha de Corbacho. No Concello, tamén presidiu as sociedades municipais de L'Hospitalet 2010 e La Farga,SA.

Representa o concello de Hospitalet na Comisión de Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). É vicepresidenta da Área Metropolitana de Barcelona e da Federación de Municipios de Cataluña (FMC).La Vanguardia, "La FMC designa por unanimidad a Bustos (PSC) presidente por tercera vez" 22/07/2011 . Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

Tamén é membro do Consello Reitor do Consorcio Sanitario Integral e vicepresidenta do BiopoL'H. Desde xaneiro de 2011 preside o Foro Español para a Prevención e a Seguridade. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

A principios de 2011 Núria Marín abriu o seu propio portal en Internet,Digital-h, "Núria Marín estrena pàgina web i perfil a les xarxes socials" 07/01/2011 . Consultado o 2 de xaneiro de 2013. integrando diversas redes sociais. Un estudoEstudio de Alianzo para Metroo sobre os alcaldes das 16 cidades máis grandes de España 17/03/2011. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. situouna como un dos políticos españois que mellor uso fan destas ferramentas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Núria Marín

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alcaldes de L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Políticos do PSC Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat