VilameánNomenclátor , Xunta de Galicia. é un lugar da parroquia de San Fiz de Nigrán no concello pontevedrés de Nigrán, na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2022 tiña 1.472 habitantes (736 mulleres e 736 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 865 habitantes. É o maior núcleo de poboación do concello.
Linda cos seguintes lugares da parroquia: Coa Angustia ao norte, coas Telleiras ao leste e con Canido ao suroeste; co lugar de Rans da parroquia de San Pedro da Ramallosa ao sur e coa Area Alta e co Carregal da parroquia de Panxón ao oeste e ó noroeste respectivamente.
En Vilameán atópase a casa do concello de Nigrán, como tamén o colexio público de primaria, CEIP Humberto Juanes.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , un composto do substantivo villa (en galego vila) cun adxectivo derivado de medium (en galego medio).
O adxectivo meán, meá é o resultado galego do latín medianus –a, –um, derivado á súa vez do substativo medium ou do adxectivo medius, –a, –um. Segundo podemos observar nos textos medievais, as formas patrimoniais galegas meán, meao, meá, o mesmo ca meo e mea, tiveron competencia dende moi cedo cos cultismos mediano, mediana e medio~médeo, media~médea.
Lugares e parroquias Lugares de Nigrán
Parroquias de Nigrán
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Nigrán
Categoría:Lugares de Nigrán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía