O 16 de maio é o 136º día do ano do calendario gregoriano e o 137º nos anos bisestos. Quedan 229 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1770 - María Antonieta casa co futuro rei Lois XVI de Francia. 1975 - A India anexa o principado do Sikkim. 1996 - Lanzamento do primeiro satélite de comunicacións israelí, AMOS 1.

Nacementos miniatura|100px|Maria Gaetana Agnesi. 1718 - Maria Gaetana Agnesi, matemática, lingüista e filósofa italiana. 1763 - Louis Nicolas Vauquelin, farmacéutico e químico francés (m. 1829). 1827 - Pierre Cuypers, arquitecto holandés. 1845 - Ilya Ilyich Mechnikov, microbiólogo ucraíno, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1877 - Alejandro Viana Esperón, político galego (m. 1952). 1894 - Joan Salvat-Papasseit, poeta catalán. 1898 - Kenji Mizoguchi, director de cine xaponés (m. 1956). 1905 - H. E. Bates, escritor británico (m. 1974). 1906 - Arturo Uslar Pietri, político e escritor venezolano. 1908 - Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo galego. 1909 - Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego. 1923 - Merton Miller, economista estadounidense (m. 2000). 1933 - Héctor Quiroga Lorenzo, oceanógrafo galego (m. 2018). 1942 - Graciela Iturbide, fotógrafa mexicana. 1950 - Johannes Georg Bednorz, físico alemán. 1944 - Ana María Ruiz-Tagle, avogada e política española. 1953 - Pierce Brosnan, actor irlandés. 1958 - Dolores García-Hierro, política e eurodeputada española 1966 - Janet Jackson, cantante. 1974 - Laura Pausini, cantante italiana.

Mortes miniatura|100px|Charles Perrault. 1529 - Francesco Morone, pintor italiano do Renacemento. 1703 - Charles Perrault, escritor francés. 1830 - Jean-Baptiste Joseph Fourier, matemático e físico francés. 1907 - Ramón García Vicetto, xornalista e escritor galego. 1942 - Bronisław Malinowski, etnólogo polaco. 1944 - George Ade, escritor e xornalista americano. 1953 - Django Reinhardt, guitarrista belga de jazz. 1964 - José Goyanes Capdevila, médico galego (n. 1876). 1973 - Jacques Lipchitz, escultor lituano (n. 1891). 1978 - William Steinberg, director de orquestra alemán (n. 1899). 1984 - Irwin Shaw, escritor estadounidense (n. 1913). 2001 - Hernán Naval Parapar, músico ribadense. 2015 - María do Carme Kruckenberg, escritora galega (n. 1926).

Festas e celebracións

Outros Santoral:

Os 366 días do ano

Categoría:Maio