TRS 4 (Tetrahedron Research Satellite 4), tamén denominado ERS 9, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 19 de xullo de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características TRS 4 foi o cuarto membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 4 foi lanzado xunto cos satélites Midas 7 e Dash 2. Levaba un único experimento a bordo, similiar ós de TRS 2 e TRS 3, consistente en 132 células solares en diferentes configuracións, algunhas protexidas e outras desprotexidas, para investigar os efectos que o espazo tiña nelas. O satélite recolleu datos durante 11 días.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites