A decisión de Anna (en ) é un filme estadounidense dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2009. Baséase na novela de Jodi Picoult My Sister's Keeper. Estreouse en galego na TVG o 11 de febreiro de 2012.

Sinopse A vida de Sara (Cameron Diaz) e Brian Fitzgerald (Jason Patric) cambia radicalmente cando a súa filla Kate (Sofia Vassilieva), de só dous anos, diagnostícanlle leucemia. Inmediatamente, Sara abandona a súa carreira de avogada para adicarse soamente ó coidado da nena. A única esperanza de salvación é recorrer á enxeñería xenética para ter outro fillo. Así é como nace Anna (Abigail Breslin). Entre ela e Kate establécese unha relación moi estreita, sobre todo porque ambas teñen que someterse a diversos tratamentos médicos e compartir longas estancias no hospital. Porén, cando Anna cumpre once anos, contrata a un avogado (Alec Baldwin) para emanciparse medicamente.

Personaxes Sofia Vassilieva como Kate Fitzgerald Cameron Diaz como Sara Fitzgerald Abigail Breslin como Anna Fitzgerald Jason Patric como Brian Fitzgerald Evan Ellingson como Jesse Fitzgerald Alec Baldwin como Campbell Alexander Joan Cusack como Xuíza De Salvo Heather Wahlquist como Tía Kelly Thomas Dekker como Taylor Ambrose Lin Shaye como Enfermeira Adele E.G. Daily como Enfermeira Susan Olivia Hancock como Kate Fitzgerald de nena Brennan Bailey como Jesse Fitzgerald de neno Emily Deschanel como Dr. Farquad Jeffrey Markle como Dr. Wayne Amit Khanduja como Xefe de cirurxía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Nick Cassavetes Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego