miniatura|Mary J. Rathbun.

Mary Jane Rathbun, nada en Buffalo, Nova York o 11 de xuño de 1860 e finada en Washington, D.C. o 14 de abril de 1943, foi unha zoóloga estadounidense especializada en carcinoloxía que traballou na Smithsonian Institution desde 1884 até a súa morte.

Publicacións A primeira publicación de Mary J. Rathbun, en colaboración con James Everard Benedicto e referida ao xénero Panopeus data de 1891. Xubilouse o último día do ano 1914, pero non deixou de traballar até a súa morte.Waldo L. Schmitt (1973): "Mary J. Rathbun 1860-1943". Crustaceana 24 (3): 283–296. PDF. O seu traballo máis importante foi Les crabes d'eau douce ("Os cangrexos de auga doce"), concibida orixinalmente como unha soa publicación, pero que finalmente foi publicada en tres volumes entre 1904 e 1906.

Escribiu, en solitario ou en colaboración, un total de 166 artigos, nos que fixo a descrición de 1147 novas especies e subespecies, 63 novos xéneros, unha subfamilia, 3 familias e unha superfamilia, así como outras novidades en nomenclatura. Os taxons descritos por Rathbun inclúen especies comerciais importantes, como o cangrexo azul do Atlántico, Callinectes sapidus, e o cangrexo curtidor, Chionecetes bairdi.

Epónimos Gran número de taxons foron denominados en honor de Mary J. Rathbun:

Hamatoscalpellum rathbunae (Pilsbry, 1907) Maera rathbunae Pearse, 1908 Paromola rathbuni Porter Mosso, 1908 Synalphaeus rathbunae Coutiere, 1909 Candidiopotamon rathbunae De Man, 1914 Pasiphaea rathbunae (Stebbing, 1914) Petrolisthes rathbunae Schmitt, 1916 Periclimenes rathbunae Schmitt, 1924 Alpheus rathbunae (Schmitt, 1924) Campylonotus rathbunae Schmitt, 1926 Callinectes rathbunae Contreras, 1930 Eriosachila rathbunae Maury, 1930 Tritodynamia rathbunae Shen, 1932 Sacculina rathbunae Boschma, 1933 Pinnixa rathbunae Sakai, 1934 Emerita rathbunae Schmitt, 1935 Callianassa rathbunae Schmitt, 1935 Solenocera rathbunae Ramadan, 1938 Thunor rathbunae Armstrong, 1949 Lysmata rathbunae Chace, 1970 Xanthias rathbunae Takeda, 1976 Cyphocarcinus rathbunae Griffin & Tranter, 1986 Asterias rathbunae Britajev, 1989 Lophaxius rathbunae Kensley, 1989 Rhynchocinetes rathbunae Okuno, 1996 Palaeopinnixa rathbunae Schweitzer & Feldmann, 2000 Marratha Ng & Clark, 2003

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Mary Jane Rathbun Papers, 1886-1938 and undated en Smithsonian Institution Archives.

Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1943