O KilaueaO volcán Kilauea está a facer que chovan estas asombrosas xemas , ''GCiencia, 14 de xuño de 2018. é un dos volcáns máis activos do planeta, situado na parte sur da illa de Mauna Loa (Hawai), pertencente aos Estados Unidos de América.
Características O edificio volcánico ten unha altura de 1247 m e a caldeira unha profundidade de 165 m e un diámetro entre 3 e 5 Km. Este volcán está monitorizado desde o Observatorio Volcánico de Hawai. A súa última erupción ocorreu o 22 de abril de 2004. En decembro de 2005 unha parede de rochas esborrallouse, causando un abismo de 18 metros á beira do mar e un río de lava do Kilauea, que formou unha plataforma que dá continuidade ao continente. A caída de lava e rochas foi a maior xa rexistrada no Kilauea desde que entrou en erupción, en 1983.
O 20 de decembro de 2020 comezou unha nova erupción, e en 2023 tivo varias.
Os nativos consideran este volcán como o lar da deusa Pele, deusa do lume.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Hawaiian Volcano Observatory's Kīlauea website . Hawaiian Volcano Observatory's Kīlauea eruption update website (updated daily) . US Geological Survey information about Kīlauea . Hawai'i Volcanoes National Park website . Hawai'i's Kīlauea Volcano a Big Polluter . Lava Quest Personal account of hiking around Kīlauea by Roderick Eime .
Categoría:Volcáns de Hawai Categoría:Montañas de Hawai