TRS 6 (Tetrahedron Research Satellite 6), tamén denominado ERS 13, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 17 de xullo de 1964 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.

Características TRS 6 foi o sexto membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 6 foi lanzado xunto cos satélites Vela 3 e Vela 4. Levaba a bordo un contador de centeleo e un detector de estado sólido para a detección dos electróns e protóns do cinto de radiación. O satélite transmitía datos na frecuencia de 136 MHz, pero debido á baixa potencia do transmisor (só 100 mW non se obtiveron datos a unha distancia de máis de 6 radios terrestres (uns 40.000 km). Reentrou na atmosfera o 1 de xaneiro de 1966.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites