Antón de Vicente Adrio, nado en Vigo o 23 de agosto de 1989, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista para o Compostela, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Comezou a xogar con catro anos no equipo do seu barrio, o Priegue, porén ese mesmo ano pasa ao San Miguel FC, e de aí ao Xuvenil Ureca, actual Nigrán CF, onde compartiu aprendizaxe con xogadores como Rafinha e Thiago Alcántara, Rodrigo Machado, Pedro Vázquez ou Diego Mariño.
Despois de sete anos no equipo do Val Miñor, ficha en anos sucesivos por Areosa, Coruxo FC e Racing de Ferrol e outra vez Coruxo, onde pasa dous anos, antes de fichar polo Celta de Vigo B.
Ao pouco tempo de fichar polo filial céltico foi convocado para adestrar co primeiro equipo, incluso chegou a ir convocado a tres partidoshttp://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/2013/05/22/anton-vicente-apunta-lateral-ante-valladolid/0003_201305V22P46992.htm.
Sete longos anos xogaría Antón de Vicente na súa última etapa no Coruxo chegando en 2016, dándolle moitas alegrías a afección e incluso chegando a xogar un playoff cara Primeira División RFEF, lembrado coma un dos capitáns históricos do Coruxo representando o conxunto con clase dentro e fóra do campo a súa saída do conxunto sería o resultado dunha tensa relación co presidente da entidade Gustavo Falque sendo unha realidade irreparable, entre as queixas de De Vicente e moitos dos afeccionados estivo o feito de que o club non lle fixo ningunha despedida oficial.
Despois de abandonar o Coruxo ficharía pola SD Compostela.
Equipos AnoClubDivisiónPartidosGoles2008-2009Coruxo FCTerceira División3232009-2010Racing de FerrolSegunda División B1612010-2011Coruxo FCSegunda División B3232011-2012Coruxo FCSegunda División B3402012-2013Celta de Vigo BTerceira División3602013-2014Celta de Vigo BSegunda División B3512014-2015Burgos CFSegunda División B1902014-2015SomozasSegunda División B1402015-2016SomozasSegunda División B3532016-2023Coruxo FCSegunda División B3622023SD Compostela2ª RFEF – Grupo 1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Artigo no Faro de Vigo
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes