Demetrio e Polibio é a primeira ópera lírica de Gioachino Rossini. Trátase dunha ópera seria en dous actos con música do compositor italiano sobre un libreto en italiano de Vincenzina Viganò Mombelli. Foi estreada no Teatro Valle de Roma o 18 de maio de 1812.
Historia Esta foi a primeira ópera realizada por Rossini (aínda que non foi a primeira en ser representada), quen a compuxo en 1806, cando tan só contaba con 17 anos de idade, incentivado polo seu amigo Domenico Mombelli, aínda que a súa estrea non tivo lugar ata o 18 de maio de 1812, cando se puxo en escena no Teatro Valle de Roma.Osborne, Richard Foi escrita para os Mombelli, unha familia de cantantes, sendo completada por Rossini en 1806, durante o seu período de estudo na Accademia Filarmonica di Bologna."Rossini, Gioachino", Encyclopædia Britannica Esta ópera foi moi apreciada por Stendhal, que puido vela en Como. Pronto foi esquecida á sombra das outras óperas máis famosas posteriores, tendo moi pouco percorrido. Foi representada no Rossini Opera Festival unicamente en 2010, cun elenco de novos intérpretes.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 18 de maio de 1812Amadeus Almanac online .(Director: - )Polibio, rei de PartosbassLodovico OlivieriLisinga, filla de PolibiosopranoMaria Ester MombelliDemetrio/Silveno, amante de Lisinga, fillo de Demetrio rei de Siria mais confusamente fillo de Minteo, un antigo ministro rexiocontraltoMarianna "Anna" MombelliDemetrio, rei de Siria e pai de Demetrio, baixo o nome de EumenetenorDomenico MombelliCoro masculino.
Argumento Data: século II a.C. Lugar: na capital de Partos
Acto I Polibio, o rei de Partos, é o protector da súa filla Lisinga e o seu amante Siveno. Todo o mundo pensa que Siveno é fillo de Minteo, un ministro do rei de Siria Demetrio, mais realmente é o máis distanciado fillo de Demetrio. Demetrio, sostendo que Minteo é o responsable da desaparición do seu fillo, chega á corte de Partos baixo o nome de Eumeno, un mensaxeiro real, e demanda a volta de Siveno a Siria, o que Polibio rexeita. Siveno e Lisinga celebran o seu matrimonio. Polibio confésalle a Siveno que está preocupado polo ocorrido, mais Siveno tranquilízao. Mentres tanto, Eumene (Demetrio) trama como secuestrar a Siveno e levalo de volta a Siria. Eumene suborna aos criados e aos gardas e pola noite entra na corte de Partos. Porén, cando chega á alcoba da xove parella, atopa a Lisinga soa e secuéstraa no seu lugar. Polibio e Siveno tratan de detelo sen éxito.
Acto II Polybius e Siveno abogan pola liberación de Lisinga. Como resposta, Eumene (Demetrio) ameaza con matala se Siveno non volta con el. Á súa vez, Polibio ameaza con matar a Siveno se Lisinga non é liberada. A situación comeza a resolverse cando Eumene (Demetrio), mirando a un vello medallón decátase de que Siveno é o seu fillo perdido. Mentres tanto, Polibio non quere perder a Lisinga, e Eumene (Polibio) só quere a Siveno. Desesperada ante a súa inminente separación, Lisinga trata de matar a Eumene, mais finalmente revela a súa verdadeira identidade como o rei Demetrio e anuncia que Siveno é o seu fillo. A paz é restaurada e a parella pode vivir feliz para sempre.
Orquestración A partitura de Rossini require o emprego de:
Unha frauta, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots Dúas trompas, dúas trompetas Archi
Discografía AnoElenco:Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Gravacións de Demetrio e Polibio en operadis-opera-discography.org.uk1992 Giorgio Surjan,Christine Weidinger,Sara Mingardo,Dalmacio GonzálezMassimiliano Carraro,Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara Sluk de Bratislava (Gravado nunha representación no Festival della Valle d'Itria, Martina Franca. 27 de xullo)Son CD: DynamicCat: CDS 171/1-21996Pietro Spagnoli,Maria Costanza Nocentini,Sonia Ganassi,Aldo BertoloGiuliano Carella,Orquestra descoñecida(Gravado nunha representación en Dordrecht o 8 de setembro)Casete: Lyric Distribution IncorporatedCat: ALD 4085
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Libreto
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Roma Categoría:Óperas de 1812