ORS 3 (Octahedron Research Satellite 3 ou Octahedral Research Satellite 3), tamén denominado ERS 17, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 20 de xullo de 1965 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.
Características ORS 3 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. ORS 3 foi lanzado xunto cos satélites Vela 5 e Vela 6 e levaba a bordo cinco detectores de radiación para medir partículas cargadas, raios X, raios gamma e raios cósmicos no contorno próximo á Terra. O satélite estabilizábase mediante xiro (6 r.p.m.) e devolveu datos ata o 3 de novembro de 1965, en que o transmisor deixou de funcionar. ORS 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 112.694 km de apoxeo e 153 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 34,39 graos e un período de 2610,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 1 de xullo de 1968.
Instrumentos Os detectores de raios X consistían en tres tubos Geiger tipo EON 6213 e montados ó longo de tres eixos mutuamente perpendiculares. Os datos obtíñanse durante 4,5 segundos en intervalos de 72 segundos e eran capaces de detectar fotóns de raios X con lonxitudes de onda entre 1 e 14 ángstroms. Deixaron de funcionar o 15 de setembro de 1965.
Para detectar raios gamma usaba un centeleador omnidireccional sensible fotóns con enerxías de entre 30 keV e 10 MeV, repartidos en cinco canais de enerxía. Os datos obtíñanse durante 4,5 segundos en intervalos de 72 segundos. Debido ao fallo do escudo de rexeitamento de partículas cargadas e á saturación do amplificador o 5 de agosto de 1965, os datos obtidos por este instrumento foron difíciles de interpretar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites