miniatura|dereita|Gravado de Durero, San Xerónimo no seu estudio, 1514. miniatura|dereita|Punzóns para gravado

O gravado ou gravura é a arte de converter (e tamén a transformación en si) unha superficie plana nunha matriz que serve de punto inicial para a reprodución dunha imaxe.

O gravado (que literalmente é facer unha incisión) faise normalmente sobre metal ou sobre madeira (xilografía). Mediante o proceso de gravar obtense unha matriz que se utilizará para estampar, normalmente sobre papel ou tea, e obter o que comunmente se chama "gravado" pero que especificamente é unha estampa. Este proceso permite obter varios exemplares dunha mesma matriz, aínda que cada unha das estampas ou copias é unha obra única. Segundo a técnica ou material usados, poden ser: Gravado en relevo (xilografía, linoleografía...) Gravado en oco (buril, punta seca, maneira negra, augaforte, augatinta, verniz brando...) Gravado planográfico (litografía, serigrafía...)

Notas

Véxase tamén

Arte Debuxo Debuxo técnico Historia do debuxo técnico Estampa Popular Galega Estampa xaponesa Gravados ou gravuras rupestres Gravador xefe da Royal Mint Gravador xefe da Casa da Moeda dos EUA Gravador xeral de moedas de Francia Goiva ou gubia Ilustración Ilustración científica Libro ilustrado Papel moeda (impreso mediante técnicas de gravado)

Categoría:Deseño