The Prodigy é unha banda inglesa de música dance electrónica formada por Liam Howlett in 1990 en Braintree, Essex. Xunto con Fatboy Slim, The Chemical Brothers e outros artistas, The Prodigy son considerados os pioneiros do xénero big beat, que acadou a popularidade nos anos 90 e 2000. O grupo leva vendidos uns 25 millóns de discos en todo o mundo, e gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, incluídos dous Brit Awards, tres MTV Video Music Awards, dous Kerrang! Awards e cinco MTV Europe Music Awards, ademais de estar dúas veces nomeados a un Grammy.
O estilo do grupo foi uso de varios xéneros que ven dende o rave, o hardcore techno, a música industrial, e o breakbeat a principios dos 90, ata o big beat e o rock electrónico con elementos vocais do punk rock nos últimos anos. Os membros actuais son Liam Howlett (teclados e composición), Keith Flint (baile e voz), e Maxim (voz). Leeroy Thornhill (baile e teclista ocasional ao vivo) foi compoñente do grupo dende 1990 a 2000, e houbo unha bailarina e vocalista chamada Sharky que deixou The Prodigy nos seus primeiros tempos. A banda xurdía da escena rave underground a principios dos 90 e dende entón acadou unha gran popularidade en todo o mundo.
Discografía Álbum Ano Selo Experience 1992 XL Recordings, Elektra Records Music for the Jilted Generation 1994 XL Recordings, Mute Records The Fat of the Land 1997 XL Recordings, Maverick Records Always Outnumbered, Never Outgunned 2004 (XL, Maverick, Warner Bros., Sony Invaders Must Die 2009 Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl The Day Is My Enemy 2015 Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl No Tourists 2018 Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Essex Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais formados en 1990