El Eco de Galicia foi un periódico bisemanal editado en Santiago de Compostela entre 1851 e 1852.
Historia e características Apareceu o 30 de marzo de 1851 fundado por Antonio Neira de Mosquera, quen ademais era o redactor principal. O periódico mantívose fiel á súa máxima de mellorar a industria e o comercio galegos, potenciando outras iniciativas que puidesen redundar no progreso de Galicia. Tamén realizou unha defensa de Santiago de Compostela como capital de Galicia. Publicou "Un recordo" de Marcial Valladares e "Diego e Cristobo" de Vicente Turnes. Cesou a súa publicación o 10 de marzo de 1852.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos
Categoría:1851 en Galicia