A heráldica é unha das ciencias auxiliares da historia e da arte. Ocúpase do estudo da composición e do significado dos escudos de armas ou brasóns.
Historia A disciplina nace arredor do século XII e ten nos seus comezos unha aplicación práctica: permite identificar por debaixo da súa armadura o guerreiro que porta un determinado escudo e adscribilo a algún dos bandos enfrontados nun lance. Co tempo, a heráldica foi estendendo o seu ámbito para abranguer a identificación non só de persoas, senón tamén de corporacións, poboacións, entidades públicas etc.
Fronte a outras simboloxías, a heráldica caracterízase pola asunción dun conxunto de normas ríxidas para a composición dos escudos de armas e a transmisión das armarías a través de xeracións como elemento identificador da liñaxe. En efecto, a heráldica posúe as súas propias leis, como a da prohibición de que nun escudo figure metal sobre metal ou cor sobre cor. Ó longo da historia, estas leis fixéronse tan complexas que nin os señores que detentaban un escudo determinado podían interpretalo correctamente, polo que se crea a figura do rei de armas, un funcionario que se encarga de deseñar e interpretar os escudos heráldicos.
Características Os escudos de armas constan das seguintes compoñentes:
Campo: é a superficie do escudo no seu interior, que dará ó brasón a súa forma redonda, ovalada, apuntada etc. O campo pódese dividir en partes iguais ou desiguais. Figuras: son os obxectos ou seres representados no campo. Poden ser naturais (seres que existen no mundo real ou a representación dalgunha das súas partes) ou artificiais (seres fantásticos, obxectos comúns ou específicos da simboloxía da heráldica). Fondo con esmaltes: son as cores ou os metais que cobren o campo, as figuras e calquera adorno do escudo. As cores só poden ser cinco: sabre (negro), goles (vermello), azur (azul), sinople (verde) e púrpura. Os metais poden ser ouro ou prata. Algúns autores inclúen tamén aquí os forros.
MetaisCores OuroFicheiro:Heraldic Shield Or.svg PrataFicheiro:Heraldic Shield Argent.svg GolesFicheiro:Heraldic Shield Gules.svg AzurFicheiro:Heraldic Shield Azure.svg SinopleFicheiro:Heraldic Shield Vert.svg SableFicheiro:Heraldic Shield Sable.svg PúrpuraFicheiro:Heraldic Shield Purpure.svg AlaranxadoFicheiro:Heraldic Shield Orange.svg
Os escudos de armas poden ter adornos arredor, denomínanse timbres e son de diferentes tipos: Os helmos e as coroas representan diferentes graos de nobreza, desde o fidalgo ata o rei. Os tenantes son figuras que se sitúan ós lados do escudo, como sosténdoo. Mantos e insignias. Lambrequíns (especie de encaixes que caen desde a parte superior do escudo por ambos lados). Motes e lemas.
O lado esquerdo da composición heráldica denomínase "sinistra" e o dereito "destra". O escudo descríbese coma se mirásemos un espello; isto é, a esquerda é a dereita do observador.
Por exemplo, un escudo que levase pintado un carballo de cor verde, nun fondo branco cunha banda vermella desde unha punta a outra do campo, e que estivese sostido por un unicornio branco empinado á esquerda do observador e por un grifón verde á dereita, describiríase así:
"En campo de prata, unha banda de goles. En abismo, un carballo de sinople. Teñen o escudo á destra un grifón de sinople e á sinistra un unicornio rampante de prata".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bordura Carga heráldica Flags of the World Vexiloloxía