miniatura|Nocardia nunha biopsia cerebral. Nocardia é un xénero de bacterias de forma bacilar que presentan unha tinguidura feble grampositiva, e son catalase positivas. Forman filamentos "de doas" ramificados (no que se parece a un fungo malia ser unha bacteria). Son parcialmente ácido resistentes (resisten a decolaración con ácidos na tinguidura) o que explica a súa feble tinguidura grampositiva. O xénero comprende un total de 30 especies, 10 das cales foron illadas nos humanos. Algunhas especies non son patoxénicas e outras son responsables de nocardiose. Nocardia encóntrase en todo o mundo nos solos ricos en materia orgánica. Ademais, pertencen á microflora oral que se encontra nas enxivas sas e nas bolsas periodontais das enxivas enfermas. A maioría das infeccións por Nocardia adquírense por inhalación das bacterias ou por algunha introdución traumática.
Cultivo e tinguidura As colonias de Nocardia teñen unha aparencia variable, pero a maioría das especies parecen ter unha especie de hifas aéreas cando se ven con microscopio, especialmente cando foron cultivadas en medios nutricionalmente limitantes. Nocardia crece lentamente en medios de cultivo non selectivos, e son aerobios estritios coa capacidade de crecer nun amplo rango de temperaturas. Algunhas especies son parcialmente ácido resistentes (resisten a decoloración con ácidos durante a tinguidura) debido á presenza de ácidos micólicos de lonxitude intermedia na súa parede celular. A maioría das cepas posúen o factor cordón (ou cord factor, a trehalosa 6-6' dimicolato) que é un importante factor de virulencia.
Son catalase positivas e poden crecer facilmente nos medios utilizados máis comunmente e as colonias fanse evidentes en 3–5 días. Porén, ás veces son necesarios períodos de incubación prolongados (2–3 semanas).
Virulencia
Varias especies de Nocardia son patóxenas de baixa virulencia, polo que as enfermidades clinicamente significativas aparecen con máis frecuencia como infeccións oportunistas en persoas que teñen un sistema inmunitario feble, como nenos pequenos, velloss, e inmunodeprimidos (tipicamente con VIH). Os factores de viurulencia de Nocardia son os encimas catalase e superóxido dismutase (que inactivan as especies reactivas do osíxeno que doutro modo serían tóxicas para as bacterias), e un "factor cordón" (que interfire coa fagocitose dos macrófagos ao impedir a fusión do fagosoma co lisosoma).
Patoxenia Nocardia asteroides é a especie de Nocardia que máis frecuentemente infecta a humanos, e na maioría dos casos trátase de infeccións oportunistas en pacientes inmunodeprimidos. Outras especies de interese médico son N. brasiliensis e N. caviae.
A forma máis común de doenza neocardial é unha lenta e progresiva pneumonía, que pode estenderse á pleura. As Nocardia están moi implicadas no proceso da endocardite. Pode orixinar tamén encefalite ou abscesos cerebrais. Tamén poden orixinar infeccións cutáneas como actinomicetoma (especialmente Nocardia brasiliensis), doenzas linfocutáneas, celulite e abscesos subcutáneos.
O illamento de Nocardia de mostras biolóxicas pode realizarse utilizando medio de ágar enriquecido con extracto de lévedos e carbono activado (BCYE), que é o mesmo utilizado para a Legionella spp. Tamén se pode utilizar medio selectivo para Mycobacterium ou fungos. As mostras máis axeitadas son os esputos ou, se é preciso, o lavado broncoalveolar ou a biopsia.
O tratamento máis común é con antibióticos con sulfonamida (xeralmente trimetoprim-sulfametoxazole). Consultado o 3 de xaneiro de 2009. Dispoñible libremente con rexistro. Nalgúns casos utilízase Minocycline, imipenem e amicacina. O Linezolid é moi efectivo pero é caro e ten efectos secundarios importantes
Xenética
Aínda que Nocardia ten características interesantes e importantes como a produción de antibióticos e encimas conversores ou degradadores de compostos aromáticos, o estudo xenético deste organismo viuse moi empecido pola falta de ferramentes xenéticas adecuadas. Porén, desenvolvéronse recentemente vectores lanzadeira prácticos Nocardia–E. coli.
Tamén se encontrou recentemente que o xénero Nocardia e Rhodococcus están moi emparentados. A relación estreita entre eles apóiase na existencia de dous indeis sinatura conservados que consisten nunha deleción dun só aminoácido na subunidade alfa do encima acetil coencima A carboxilase (ACC), e na inserción de 3 aminoácidos nunha rexión conservada dunha proteína de unión ao ATP, que están especificamente conservados en especies destes dous xéneros. Ademais, identificáronse 14 proteínas sinaturas conservadas hipoteticamente, que son únicas para o xénero Nocardia e Rhodococcus.Gao, B.; Gupta, R. S. (2012). "Phylogenetic Framework and Molecular Signatures for the Main Clades of the Phylum Actinobacteria". Microbiology and Molecular Biology Reviews 76 (1): 66–112. doi:10.1128/MMBR.05011-11. PMC 3294427. PMID 22390973. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3294427/.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Arceneaux, Jean. "Corynebacterium and Related Genera." Lecture to 2nd Year Medical Students at University of Mississippi Medical Center. 10/04/05. Greenwood, David, Richard C.B. Slack, e John F. Peutherer. Medical Microbiology: A Guide to Microbial Infections, 16th ed. (2002). ISBN 0-443-07077-6
Ligazóns externas Genome sequence of N. farcinica IFM 10152 MicrobeWiki's N. farcinica Page
Categoría:Actinomycetales