ESRO 4 (European Space Research Organization 4) foi un satélite artificial europeo lanzado o 22 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características ESRO 4 foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 4 foi estudar os fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres para, entre outras cousas, determinar como as partículas solares penetran e se difunden na magnetosfera. O satélite tiña forma cilíndrica e estabilizábase mediante xiro a un 1 r.pm., podendo transmitir datos a unha velocidade de ata 10.420 bps. O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1160 km de apoxeo e 244 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,8 graos e un período de 98,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 15 de abril de 1974.
Instrumentos ESRO 4 levaba a bordo os seguintes instrumentos:
Espectrómetro de ións positivos. Espectrómetro de masas neutras. Espectrómetro de partículas aurorais. Espectrómetro de partículas solares da zona polar sur. Espectrómetro de partículas solares da zona polar norte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ESRO (satélites)
Categoría:Satélites ESRO