Miguel de Miguel Carrasco coñecido como Miguel de Miguel, nado en Nerja o 17 de abril de 1975, é un actor español. Cursou estudos de Interpretación e é profesor de piano polo Conservatorio Superior de Música de Málaga.
Traxectoria
Participou en numerosas series de televisión, sendo protagonista de Arrayán e Yo soy Bea, nesta última xunto a Patricia Montero. Outras nas que participou son Hospital Central, Al salir de clase, Un paso adelante, Los Serrano, Paco y Veva, Familia, La sopa boba, Obsesión e A tortas con la vida. En 2011 salta ao panorama internacional coa serie La reina del sur producida por Telemundo.
En cine actuou nas longametraxes San Vicente e ¡Ay amor, cómo dueles! e na curtametraxe Aparición divina. Tamén interveu en montaxes teatrais como Las troyanas, Carroza de plomo candente, Romeo y Julieta e La tercera palabra.
Traxectoria Televisión Personaxes fixos Familia (2013-). Telecinco. Como Pedro. Bazurto (2012). Caracol TV. Protagonista. Homicidios (2011). Telecinco. Como Carlos García-Aranda. La reina del Sur (2011). Antena 3/Telemundo. Como Teo Aljarafe. Yo soy Bea (2008-2009). Telecinco. Como César Villa. Arrayán (2005-2008). Canal Sur. Como Yeray. Desafío bajo cero (2006) Telecinco. Como concursante. ¿Cantas o qué? (2006) Antena 3. Como concursante. Mira quién baila sobre hielo (2005-2006) La 1. Como concursante. Obsesión (2005) La 1. Como Javier González Salmerón. La sopa boba (2004) Antena 3. Como Raúl.
Personaxes episódicos Las chicas de oro (2010). La 1. La que se avecina (2010). Telecinco. Paco y Veva (2004). La 1. Un paso adelante (2003). Antena 3. Hospital Central (2002). Telecinco. Al salir de clase. Telecinco. Los Serrano. Telecinco.
Cine Longametraxes San Vicente ¡Ay amor, cómo dueles!
Curtametraxes Aparición divina
Teatro Las troyanas Carroza de plomo candente Romeo y Julieta La tercera palabra
Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1975