miniatura|dereita|Treponema pallidum. Treponema é un xénero de bacterias do grupo das espiroquetas, finas e pequenas (de 0,1 a 0,4 µm de diámetro e 6 a 10 µm de longo), con espiras regulares e apertadas e extremos afiados. A especie máis importante do xénero é Treponema pallidum, axente causante da sífilis.
As especies Treponema hyodysenteriae e Treponema innocens foron reclasificadas no xénero Serpula.
Características As especies de Treponema son bacterias helicoidais que se tinguen dificilmente con colorantes de anilina e facilmente con Giemsa ou por impregnación arxéntica. Son móbiles en medios líquidos, xa que se moven por rotación ou translación. Teñen de 1 a 5 flaxelos, xeralmente 3. Son organismos quimioheterótrofos, que utilizan unha gran variedade de carbohidratos ou aminoácidos como fonte de enerxía e carbono. Realizan unha respiración aerobia estrita ou son microaerófilos. En fresco só poden observarse cun microscopio de campo escuro ou por contraste de fase.
Patoxenia As especies patóxenas son difíciles de cultivar no laboratorio, e é máis fácil visualizar o organismo directamente da mostra con inmunofluorescencia directa e certas tinguiduras especializadas. Normalmente son parasitos e patóxenos do home e animais. Viven na cavidade oral, o aparato dixestivo e órganos xenitais.
Especies principais
Treponema pallidum, patóxeno humano, con dúas subespecies: Treponema pallidum pallidum, patóxeno humano, axente causal da sífilis. Treponema pallidum endemicum, patóxeno humano. Produce a chamada sífilis endémica non venérea ou bejel. Treponema pertenue, patóxeno humano. Clasificado antes como a subespecie T. pallidum pertenue. Produce o pian ou frambesia (enfermidade cutánea tropical). Treponema carateum, patóxeno humano, axente causal da pinta. Treponema paraluiscuniculi, causante da sífilis do coello. Treponema denticola, periodontopatóxeno, non fermenta os carbohidratos, pero fermenta aminoácidos (cisteína, serina), orixinando acetato, CO2, NH3 e H2S.M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. (2003). Pearson Prentice Hall. Páxina 434. ISBN 84-205-3679-2. Treponema vincentii, non patóxeno, non fermenta os carbohidratos. Treponema scoliodontum, non patóxeno, non fermenta os carbohidratos. Treponema refringens, non patóxeno, non fermenta os carbohidratos. Treponema minutum, non patóxeno, non fermenta os carbohidratos. Treponema phagedenis, non patóxeno, fermenta os carbohidratos. Treponema succinifaciens, non patóxeno, fermenta os carbohidratos. Treponema bryantii, non patóxeno, fermenta os carbohidratos. Treponema saccharophilum grande espiroqueta anaerobia do rume dos bovinos, que fermenta a pectina, inulina e outros polisacáridos, contribuíndo á dixestión dos herbívoros.
Filoxenia
A taxonomía actualmente aceptada deste xénero está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) e nos datos do National Center for Biotechnology Information (NCBI) e a filoxenia foi elaborada con datos do ARNr 16S da LTP 106 polo 'The All-Species Living Tree' Project 'The All-Species Living Tree' Project.
Notas: ♦ Cepa tipo perdida ou non dispoñible ♠ Cepas que se encontran no National Center for Biotechnology Information (NCBI) pero non están na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN) ♥ Cepas que non figuran no NCBI nin na LPSN.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Treponema ; Curso de bioloxía médica 2003
Categoría:Espiroquetas