Di Elas (o grupo chamábase anteriormente The Ellas) é un grupo musical de rock galego formado por Luís Tosar (voz), Piti Sanz (guitarra), Iván Laxe (baixo), Suso Alonso (teclados), Ro Muñoz (batería) e Fernando Campos (controis).

Historia Os inicios do grupo están en 1993 en Lugo. Los Contentos era o grupo de referencia na cidade. Luís Tosar ía cos seus amigos aos concertos. Alí xúntase con máis músicos para tocar, o curmán de Piti e co guitarrista Rafa Muñoz. Forman o grupo Los Huana. Piti tocaría con eles despois da disolución de Los Contentos. Luís Tosar e Sanz marchan a Santiago e a banda sepárase. Vólvense xuntar en Magical Brothers, un grupo de teatro e cabaré con estética de rock and roll.

Di Elas é o terceiro grupo que forman. Luís Tosar e Piti xúntanse con Iván Laxe (baixo) de Skornabois, Suso Alonso (teclados) de Psicofónica de Conxo e Ro Muñoz (batería) de Groovefathers, todos eles do mundo audiovisial galego. O grupo empeza a actuar en 2008 como The Ellas interpretando versións en directo de cancións de grupos liderados por mulleres aínda que xa en 2007 o grupo facía pequenas actuacións.

The Ellas pasa a chamarse Di Elas e co tempo pasan a compoñer e interpretar os seus propios temas con estilos de Los Deltonos, M-Clan e Los Enemigos. O seu primeiro disco saíu en 2011 e leva o nome do grupo."Di Elas. Power rock de la mano de Luis Tosar y Piti Sanz", biografía do grupoen La Fonoteca; artigo deFernando Fernández Rego . O álbum está gravado nun estudio da Estrada con primeiras tomas. Na portada do disco aparece a sobriña de Piti, a afillada de Tosar e a filla de Iván Laxe xunto con outras nenas.

Discografía O grupo comezou facendo versións de temas cantados por mulleres,"Luis Tosar faille homenaxe musical ás mulleres", Vieiros, 8 de marzo de 2007. como de Suzanne Vega ("My name is Luca", en galego), 4 non blondes ("What's up"), ABBA, Alanis Morissette, The Bangles ("Walk like an egyptian"), Blondie ("Hanging on the telephone"), Alaska ("¿Cómo pudiste hacerme esto a mí?"), Garbage, No Doubt ("Just a girl"), Breeders, Cyndi Lauper, Sugar Babes ("Destination") ou Ronnie Spector.

Di Elas (Warner, 2011)Ficha de Di Elas en La Fonoteca .1 "Volver"2 "Échate a un lado"3 "Gerundio"4 "Las cosas que dejé atrás"5 "Café"6 "Olvidarte"7 "La fiesta"8 "Contra ti"9 "Doc"10 "Ruleta"11 "Amigo"12 "We are Irish" (bonus track)

Notas

Categoría:Grupos musicais de Lugo Categoría:Grupos musicais de rock